GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

169
1328, maio, 12
venda

Xoán Míguez, morador en Sequeiros (Gustei) véndelles a Miguel Pérez, carpinteiro, e á súa muller, Mariña Pérez, a renda dunha cuarta de viño e o seu quiñón de terreo en Cabo de Vila, por 12 libras portuguesas.

ACOu, Escrituras XII, 6

Sabean quantos esta carta viren que eu Johan Miguez morador na friiguisia de Santiago de Gostey, no lugar a que chaman Sequeyros, fillo de Miguel Martinez morador en esse lugar, por min e por toda miña voz vendo e logo por esta carta entrego a vos Miguel Perez carpenteyro e a vossa moller Mariña Perez moradores en Gostey e a toda vossa voz para senpre huna quarta de viño cada ano, que a aiades aa bica do lagar por quarta dereyta de tres almudes, que me ham a dar cada ano en salvo no novo aa bica do lagar Domingo Martinez dito Sotil e Pero Paez dito Bugallo moradores y en Gostey no lugar a que chaman a Lagea por todos seus beens. Aynda vos vendo con esto que dito he todo o meu quinnon e dereyto que eu ey con huna peça de terreo que iaz y en Gostey no lugar a que chaman Cabo de Vila, o qual iaz entre a herdade do casar de Cabo de Vila que he de fillos de Dominga Miguez da huna parte e a de Viviam Rey da autra, e en fondo fer no nosso çeleyro e na nossa herdade, e ençima entesta no nosso terreo. Conven a saber que vos vendo a terça do dito terreo que é meu quinnon. Vendovos esto que dito he con sas entradas e seydas e con todos seus dereytos, arvores e perteenças, e do dito terreo paguedes ende seu foro e seu dereyto ao señorio segundo que eu soon tiudo, e aiades todo esto que vos vendo livre doutro enbargo, assy que vos e toda vossa voz aiades elo des aqui endeante en jur derdade para por senpre e façades delo toda vossa voontade livremente, ca outorgo que soon bem pagada de todo o preço que a min e a vos aprouvo por elo, conven a saber doze libras da moeda portuguesa de que contan quareenta par de diñeiros novos por tres libras, e me quitedes da vendas. Et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar a defender vos e toda vossa voz senpre a dereyto con a dita quarta de viño cada ano e con o dito meu quinnon do dito terreo. Et renunçio que nunca veña contra esto que sobre dito he nen possa dizer o contrario delo por min nen por outre en juyzo nen fora del. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra esta vindiçon sobre dita que vos eu faço de meu grado veer en parte ou en todo, aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por nome de pena dez libras e a vos ou a vossa voz quanto vos demandar dobrado, e a dita pena pagada ou non esta carta e vindiçon sobre dita fique senpre firme e en seu revor. Feyta a carta en Ourense, doze dias de mayo, era de mill e trezentos e seseenta e seys annos. Tests. que a esto foron presentes Johan Maçia notario do castelo, Affonso Martinez ome d’Aras Perez casteleiro e Affonso Gomez alfagime e Domingo Martinez çapateiro da rua da Fonteyña moradores en Ourense.

Et eu Lourenço Dominguez notario jurado en Ourense porlla egleia desse lugar foy presente a esto que sobre dito he e escrivío e puge y meu nome e meu signal en testemuyo de verdade.

(sinal)