1377. Lugo
Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Johan Afonso, dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, estando juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia, segundo avemos de custume por campaa tangida, aforamos a vos Garçia Lopes fre[...], morador en Lugo, et a vosa muller, Tareyia Ferrnandes, criada de Johan Lopes, notario de Lugo, por en toda vosa vida et d’outra persoa qual o pustrimeyro de vos nomear, a nosa casa dos aniversarios da dita iglesia que esta enna çibdade de Lugo enna rua de Burmon Sanches, sub signo da dita capela de Santiago, que esta a par da casa de Moor Afonso d’Onbreyro et de seu fillo, Pedro Novo, da huna parte, et de outra parte en par de outra de Lourenço Eanes, o clerigo, et fere de portas ennas rua do Caminno Françes, et da outra parte fere enna parede do vergeu das casas de noso senor obispo, por tal condiçon que vos que adubedes et reparedes ben a dita casa do que lle mester feser, et façades hun caneyro de taboas entre vosa casa et a da dita Moor Afonso, et dedes cada hun anno a os aniversarios da dita iglesia, ou a seu procurador, en salvo a o tempo que pagaren os alugeyros das casas en Lugo, çent soldos, que fasen quatro dineyros novees tres soldos; et a finamento da pustrimeyra persoa que o pustrimeyros de vos nomear, que nos fique a dita casa livre et desenbargada et ben feyta et reparada do que lle mester feser.
Et eu, o dito Garçia Lopes, por min et por la dita minna muller et por la pesoa que o pustrimeyro de nos nomear, asy reçebemos a dita casa en foro de vos, o dito dayan, et cabidoo, et obligo min et meus beens et seus de a adubar et parar ben segundo dito he, et de vos dar et pagar cada hun anno, segundo dito he, os ditos çent soldos, et para o asy comprir dou-vos por fiador a Johan [...], que esta presente. Et que esto seia çerto rogamos et mandamos a Fernando Peres, notario publico enna çibade de Lugo, que fesesse ende para nos as ditas partes duas cartas en hun tenor para cada huna das partes a sua.
Feytas en Lugo [....] mill et quatroçentos et quinse annos. Testemoyas: o dito dayan, et don Gonçalvo Eanes, chantre; [...] Gomes, mestrescola; don Pero Aras, arçidiago de Triacastella; [...] et Fernando [...]. Et eu Fernando Peres, notario publico ena çibdade de Lugo [...].