GMH/ÍNDICE A-Z

825
1380, outubro, 23. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xácome Pérez e á súa muller e a unha voz tres cuartos do muíño da Regoa en Muxa, por renda anual de seis marabedís os primeiros beneficiarios e nove marabedís a voz.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 19r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en capitollo enno coro da dita iglesia por canpaa taniuda con outorgamento de don Gonçalvo Eanes, chantres de Lugo, vigario geeral de don Johan Afonso, dayan de Lugo, et de don Diego Gomes, thesoreyro, amiistrador do mes de janeyro, et de Garçia Rodrigues, clerigo et procurador dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, afforamos a vos Jacome Peres Çerdeyras, mercador, et a vosa muller, Aldara Vasques, moradores en Lugo, et a huna pesoa qual nomear o postrimeyro de vos, os tres quartos do moyno da Regoa que esta açerca de Lugo enna agoa da Muja, dos quaes tres quartos do dito moyno que vos aforamos son os dous da dita amistraçon de janeyro, et o outro quarto dos ditos aniversarios. Et vos et a dita vosa muller avedes-nos a dar cada anno por lo dito foro seis maravedis, de des dineiros cada maravedi, d’esta moneda en pas et en salvo en Lugo por Natal, os quatro para o dito thesoreyro, ou a quen tever a dita amiistraçon, et os dous a quen tever et coller os ditos aniversarios; et a dita pesoa que nomeardes hanos a dar cada anno nove maravedis, de des dineiros cada maravedi, da dita moneda, os seis para quen tever a dita amiistraçon, et os tres para os ditos aniversarios; et que vos et a dita pesoa cubrades o dito moyno et o reparedes et mantenades en bon estado, et a o tempo do finamento da postrimeyra pesoa que nos leyxedes os ditos tres quartos do dito moyno feytos et en bon paramento, livres et quitos de vos et de vosa vos para a dita iglesia.

Et eu, o dito Jacome Peres, que estou presente et reçebente por min et por la dita minna muller et pesoa asy reçebo de vos, o dito cabiido, o dito foro et obligo min et meus bees et da dita minna muller et pesoa para pagar cada anno os ditos maravedis, segundo sobredito he, et de vos atendermos todo esto que sobredito he.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos a Johan Lopes, notario publico de Lugo, que faça ende duas cartas en hun tenor, huna para vos et outra para o dito cabidoo.

Feytas en Lugo enno coro da dita iglesia, viinte et tres dias de outubre, era de mill et quatroçentos et XVIII annos.

Testemoyas: o dito chantres et vigario sobredito; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; don Thomas Gonçalves; o dito thesoreyro; Fernando Peres, et Afonso

Ferrnandes, et Roy Lopes, et Arias Ferrnandes, et Diego Lopes, coengos; Afonso Eanes, et Johan Garçia; et Alvaro Ferrnandes, raçoeyros, ts., et outros.

Et eu Johan Lopes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.