GMH/ÍNDICE A-Z

189
1330, xuño, 12
foro

O cabido afóralles a unha voz a Tomé Iáñez e á súa muller, Tareixa Pérez, unha casa na Cruz dos Brancos por 25 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 14

Sabean quantos esta carta viren que nos Vaasco Perez dean d’Ourense e o cabidoo desse lugar damos a foro a vos Thome Anes home d’Affonso Viviaez coengo d’Ourense e a vossa moller Tereyia Perez e a huna voz apus vossa morte danbos qual nomear o pustrimeiro de vos huna casa que nos o dito cabidoo avemos enna cruz dos Brancos, a qual esta entre a cassa de Lourenço Perez da huna parte e da outra a casa do bispo e ten as portas na rua publica, por tal condiçon que façades en ella hun sobrado por vossa custa que vaa dela porta da rua ata a porta do seydo e que reparedes a dita casa de todo lavor, salvo se as paredes delas caerem de fondamento que as correga e faça o cabidoo por sua custa. Et que vos e a dita voz tenades a dita cassa no dito tenpo e façades dela o que vos prouver. Et dedes ende vos e a dita voz cada anno ao dito cabidoo viinte e çinqo libras de brancos da moeda del rey don Fernando contados xlª pares de diñeiros por tres libras en calvo por dia de Santa Euffemia. Et se vos ou a dita voz quiserdes vender, deytar ou supinorar a dita casa que vendades, deytedes ou supinoredes ao dito cabidoo ante ca a outre por lo justo preço, et se a o cabidoo non quiser, que vendades, deytedes ou supinoredes a atal pessona que pague o dito foro e cunpra e aguarde esto que vos sodes tiundos a aguardar e conprir. Et seyda a pustrimeira vos a dita cassa fique livre ao dito cabidoo. Et para faser o dito sobrado e reparar a dita cassa e pagar o dito foro eu Thome Anes e Thereyia Peres sobreditos por nos e porla dita voz obligamos nos e todos nossos beens. Et para seerdes vos e a dita vos anparados a dereito con a dita cassa no dito tenpo, nos o dito cabidoo obligamos nos e nossos beens. Feita a carta na costra nova hu he custume de se faser o dito cabidoo, xii dias de juyo, era de mill e ccclx viii annos. Tests. Berald Affonso, arçidiago, Martin Fernandez, Affonso Lourenço, Fernando Ares coengos, Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo e Lourenço scripvan.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mina presença duas cartas partidas por .a.b.c. fige escrivir e en cadauna meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.