GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

33
1300c.a
declaración testifical

Fragmento da declaración testifical sobre o testamento do cóengo Macía Estévez, no que se nomeaba herdeiros a Pedro Macía e Pedro Miguélez, e cumpridores ao deán mestre Pedro, a Roi Pérez, arcediago de Baroncelle, e a dona Tareixa, nai do dito Pedro Macía.

 

ACOu, Escrituras XVII, 49

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 568-570, doc. 714)

 

(...) Ourense e Roy Perez que agora e arçidiago de Baronçelle e fezera mençon de dona Thereyia madre do dito Pero Maçia non sabia çerto en que maneyra et mandara outras cousas moytas de que non acordava. Preguntado se o dito Maçia Esteveez estava a aquela hora sao e con seu siso, disso que sao e con seu siso segundo seu entendemento, et se el alguna door enton avia non lla entendia el. Preguntado se era a aquel tenpo Maçia Esteveez coengo se raçoeyro se clerigo sinplez, disso que criia que raçoeyro. Preguntado por que o criia, disso que por que oya dizer que era raçoeyro. Preguntado se eran enton presentes os ditos Pero Maçia e Pero Miguez disso que non. Preguntado se contiiña en aquel escripto que fazia herees esses Pero Maçia e Pero Miguez en parte se en todo se por condiçon, disso que non sabia ende outra cousa fora do que oyra leer en aquel escripto que esse Maçia Esteveez fazia herees os ditos Pero Maçia e Pero Miguez. Preguntado quaes outros eran presentes disso que Domingo Eanes capellan que foy de Miguel Eanes coengo que foy de Ourense e Johan Peres de Sorveyra e Thome Perez rector da igleia de Beran e Johan Domingues capellan que foy do dito Maçia Esteveez e criia que eran os outros Aras Martinez que agora e capellan da capella de Santa Ouffemea e Gonçalvo Perez rector da igleia de San Viteyro. Preguntado do tenpo, disso que avia de vi annos ata sete. Preguntado commo o sabia, disso que por que fora enton leuda a era en aquel escripto et criia que dizia de xxviiii annos. Preguntado do mes disso que fora no mes de dezenbro ante a festa de Natal. Preguntado commo o sabia, disso que por que o chamara en aquel mes o dito Johan de Sorveyra por ante o dayam que lle desse dous moyos de triigo que avia a dar cada anno da sua igleia aa igleia de Ourense. Preguntado do dia disso que se non acordava. Preguntado da hora disso que quando estavan nas vesperas. Preguntado en que lugar do talleyro disso que çerca da porta por que entran de San Martiño ao talleyro.

            Johan Perez rector da igleia de San Salvador de Sorveyra jurado e preguntado polo que se conten no tidoo, conven a saber se o dito Maçia Esteveez fezera herees aos sobreditos Pero Maçia e Pero Miguez, disso que era verdade. Preguntado commo o sabia disso que estando el un dia falando na igleia de San Martiño con Johan Martines reytor da igleia de Tavoadella enviaraos chamar o dito Maçia Esteveez e foran enton con el ao talleyro e outras testemuyas con elles e Johan Loyntra notario que foy de Ourense, et dissera enton Maçia Esteveez contra esta testemuya e contra as outras «ommees boons sodes aqui chamados que seiades testemuyas deste meu testamento que vos agora aqui oyredes e que tenades poridade ata que faça mester», et mandara enton ao dito Johan Loyntra que leesse un escripto que tiina na mao, et enton esse Johan Loyntra leera aquel escripto e contiinasse en el que era aquel testamento do dito Maçia Esteveez e que esse Maçia Esteveez fazia seus herees os sobreditos Pero Maçia e Pero Miguez, e poys que fora leudo todo aquel escripto dissera esse Maçia Esteveez que outorgava e dava aquel por seu testamento et rogara enton a esta testemuya e aas outras que y estavan que fossen ende ommees boons, et escrivira enton Johan Loyntra aquelas testemuyas que y estavan. Preguntado se sabia outra cousa que se contevesse en aquel escripto, disso que era y conteudo que esse Maçia Esteveez fazia seus conpridores meestre Pero dayam de Ourense e Roy Perez que agora e arçidiago de Baronçelle e donna Thereyia madre do dito Pero Maçia. Preguntado se fezera outro heree con os sobreditos Pero Maçia e Pero Miguez, disso que non que se el y acordasse, et outrossi disso que mandava algo por sua alma e de seu yrmao Diego Esteveez a moytos lugares e mandara algo a moytas lanpaas e a outros lugares moytos de que se ia non acordava. Preguntado se se contiina en aquel escripto que fazia herees os ditos Pero Maçia e Pero Miguez en todo se en parte se por condiçon, disso que non ouvera y condiçon nen una, salvo que oyra leer que esse Maçia Esteveez fazia herees esses Pero Maçia e Pero Miguez. Preguntado se a aquel tenpo o dito Maçia Esteveez estava sao e en seu siso, disso que sao e en seu siso estava, ca non lle entendia door se a el consigo enton tragia. Preguntado se era enton esse Maçia Esteveez coengo se raçoeyro, disso que raçoeyro. Preguntado commo o sabia (...).

(sinal)