GMH/ÍNDICE A-Z

116

1419, maio, 12.
Juan de Boado, crego, declara ter recibido dos procuradores do Concello, 150 maravedís, salario anual que recibía por armar e procurar o relojo da iglesia de Santiago.

Dose dias do mes de mayo, confesou Juan de Boado, clerigo, que reçebera de Garçia Rodriges e de Juan Dominges, procuradores do Conçello de Santiago, çento e çinquoenta moravedis, branqua en tres dineiros que o dito Conçello lle dava en cada uun anno por seu traballo de armar e procurar o relojo da iglesia de Santiago e os quaes moravedis eran et son deste anno da feyta desta carta e renunçiou etc e a ley etc. E os quaes moravedis lle pagaran os ditos procuradores cada uun a meadade. Testemoyas, Juan do Gardo e Juan Ares Chantreiro e Fernan Rodriges da Triindade, viziños da dita çidade.
Predito. Pero Afonso, servente do Conçello da dita çidade confesou que reçebera do dito Garçia Rodriges noventa moravedis, branqua en tres dineiros, do seu vistuario do anno pasado de mill e quatroçentos e des e oyto annos. Testemoyas: Gonçalvo de Millares Alserte et Joan Gonçales ourives e Domingo Longo.
Predito. Domingo Longo confesou que reçebera do dito Garçia Rodriges, çento et viinte moravedis, branqua en tres dineiros do seu vestuario do anno pasado de mill e quatroçentos e des e oyto annos. Testemoyas Joan Gonçales, ourive e Pero Afonso, servente e Gonçalvo de Millares.
Predito.- Sueiro da Enfesta confesou que reçebera do dito Garçia Rodriges, noventa moravedis, branqua en tres dineiros, que lle eran devidos de seu selario do anno pasado de mill et quatroçentos e des e oyto annos. Testemoyas, Joan Gonçales, ourives e Gonçalvo de Millares e Pero Afonso.