GMH/ÍNDICE A-Z

895
1400, marzo, 24. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lopo Martínez e a dúas voces casas, casais e herdades en Vilar de Cas, freguesía de Santa María de Moreira, por renda anual de catro fanegas de centeo e a obrigación de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 94 v. Traslado ó libro do Cabido polo notario Pedro Fernández, pai do foreiro.
   

Sabean quantos esta carta virem como nos don Johan Martines, dayam de Lugo, et as pesoas et arçidiagos et coengos et cabidoo da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo estando juntados dentro en o coro da dita iglesia por campaa tanjuda, segundo que avemos de uso et de custume, damos afforo et avervo a vos Lopo Martines, escollar, fillo de Pedro Fernandes, notario de Lugo, a vos para en toda vosa vida et a duas persoas pus vos huna que vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et non a nomeando que seia persoa que asy for nomeada que posa nomear outra pesoa et non a nomeando que seia pesoa o que herdar os bees da segunda pesoa ou a mayor parte delles, segundo que disemos da primeyra pesoa. Conven a saber que vos damos, como dito he, et a as ditas pesoas todos los herdamentos et casas et casaes et arvores et jures et pertenenças et pastos et prados et entradas et seydas et outras cousas quaesquer que os aniversarios da dita iglesia et cabidoo de Santa Maria de Lugo han en Villar de Caes et en seus herdamentos, que he en o alfoz de Adae en a freglesia de Santa Maria de MoReyra, a montes et a fontes, per u quer que vaa en a dita freglesia et en outros lugares, segundo que os trouxo et usou Afonso Eanes de Adae, que Deus perdoe, para sy et por seus teedores, et han a seer defesos os lavradores que as lavraren segundo que o foren os outros lavradores que lavraron et lavraren os outros cassares et herdades dos ditos aniversarios, a a tal condiçon que lavredes et paredes ben vos et as ditas pesoas o dito lugar, et tiredes de monte de monte (sic)  ut tiraren os outros lavradores da dita freglesia o mellor que vos poderdes, et fazades huna casa pallaça en que aia corte que seia sen maliçia; et dedes de cada hun ano vos et as ditas pesoas quatro fanegas de pan que seia çenteo do mellor que ouver en as ditas herdades do dito lugar de Vilar de Caes. Et obligamos os bees da dita iglesia a vos-lo faser de paz a deReyto a vos et a as ditas pesoas.
Et eu o dito Pedro Fernandes, notario de Lugo, que presente estou por lo dito Lopo Martines, meu fillo, et por las ditas persoas huna pus la outra asy reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito foro et casas et arvores et herdades do dito lugar et obligo meus bees et seus a pagar cada ano en o dito lugar as ditas quatro fanegas de pam. Et porque esto seia çerto nos, o dito dayam, et pesoas et cabidoo asy vos-lo outorgamos et rogamos a Rodrigo Ares, clerigo en a dita iglesia et notario publico apostolical, que vos dese esta carta signada de seu signal et que lançase outra tal en o livro do cabidoo dos ditos aniversarios.

Que foy feyta et outorgada en Lugo en o dito coro da dita iglesia cathedral de Lugo, viinte et quatro dias do mes de março, ano do nacemento de noso Senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos anos.

Testemoyas: o dito dayan; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; dom Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Johan Rodrigues, arçidiago de Triacastela; don Johan Garçia, liçençeado en degredos thesoReyro en a dita iglesia; Lopo Fernandes, Johan Eanes, Afonso Rodrigues, Juan Lopes, coengos; Pedro Afonso, raçoeyro; Afonso Eanes das Cortinas, clerigo do dito coro; Lopo Afonso, clerigo; Lopo Rodrigues [...] Eanes, sanchristan [...] Afonso, Vaasco Dias, coengos de aniversario ts., et outros muytos.

Alfonsus Luppi, cantor lucensis. Johanes Garsie, liçençeado thesoreyro.

Et eu Rodrigo Ares, coengo et notario sobredito, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et de mandado das ditas partes esta carta de foro por outro fiz escripvir et aqui meu nome et signal acustumados pono en testemoyo de verdade.

Rodrigo Aras.

Et eu o dito Pedro Fernandes, notario de Lugo, aqui trasladey a dita carta a que soo fiador por lo dito Lopo Nunes et pesoas et aqui puge este meu signal que a tal he en testemoyo de verdade, et que debayxo puge meu nome.

Pedro Fernandes, notario.

Esta carta foy renunçiada et feso lo cabidoo outra carta.