GMH/ÍNDICE A-Z

901
1403, xaneiro, 10. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lopo López, á súa muller e a unha voz o casal de Paz na freguesía de San Fiz de Vilafarte por renda anual de 30 marabedís e oito soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1335/11, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 280 mm.


   

Sabam todos como nos as persoas coengos raçioneros et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo en o sobrado do tesouro da dita iglesia de Lugo por canpaa tangida, segundo que avemos de usso et de custume, et avida nosa deliberaçon et consello et veendo que he noso proveyto et de nosos suçesores de consintimento dos amistradores da nosa amistraçon do mes de junyo, que he en terras de Santa Alla et dos Verosmos et de Aguiar, aforamos et damos aforo et avervo a vos Lopo Lopes de Aguiar, fillo de Lopo Lopes o vello, o noso casal de Paas, que jas sub signo de San Fiis de Villafarte en o arçeprestadego d’Aguiar, con todas suas herdades et dereituras et pertenenças et entradas et seydas, a montes et a fontes, per u quer que vaa sub o dito signo de San Fiis et en outros lugares. Et este foro nos fasemos a vos et a Sancha Vasques, vosa muller, et a outra persoa qual nomear o pustrimeiro de vos, et se por vos ou por la dita vosa muller non for nomeada que seia aquella persoa que ligitimamente herdar vosos beens, con tal condiçon que façades sacar et tirar as herdades a o dito casal perteesçentes de monte et de campo en as agras et lugares adonde se acustumaron de labrar en a dita fiigresia et adonde tiraren de monte os moradores en ella que façades vos tirar, et que levantedes as casas del que agora jasen derribadas, et que as mantenades et façades manteer feitas et en boo paramento, et que as façades levantar et reparar a aquel ou aquelles que a ello son obligados et que as leysaron destruyr et yr a terra. Et que dedes vos et a dita vosa muller et persoa en cada hun ano por foro, penson et çenso en quanto durar o dito foro trinta moravedis longos, de oyto soldos cada moravedis, et que os paguedes a o noso moordomo, ou a aquel que agora he hou for amistrador do dito mes de junyo et de terra d’Aguiar, aqui en pas et en salvo en a çibdade de Lugo ata dia de San Martino de [Bendimas]; et a o finamento da pustremeira persoa que suçeder en o dito foro, como dito he, que o dito casal et as casas et herdades sobreditas del fiquen livres, quitas, desenbargadas et ben reparadas de vos et de toda vosa vos et da dita persoa con todos los boos paramentos que en ellas foren feitos a nos et a a dita iglesia de Lugo, et a aquel que for amistrador da dita amistraçon.

Et nos Diego Alvares, archidiacono de Neyra, et Rodrigo Afonso da Ribeira, raçionero, rendeiros que somos do dito arçeprestadego d’Aguiar cada hun de nos en a terça parte, consintimos a o dito aforamento et outorgamosllo sub a forma et maneira sobredita.

Et eu Juan Rodrigues, archidiacono de Deçon, vigario et procurador que soo de don Juan Martines, dean de Lugo, et demays vigario geeral que soo esso meesmo vagante a see en a çibdade obispado sobreditos, por min et en nome do dito dayan asi o consinto et outorgo et dou a todo mina abtoriade et decleto para que tena et valla et seia firme.

Et eu, o dito Lopo Lopes, que presente estou por min et en nome da dita mina muller et persoa asy reçebo o foro sobredito con as condiçoes et clausulas sobreditas, et obligo min et meus beens et da dita mina muller et da dita persoa de os atender et conprir et gardar en todo sub a forma que de suso son declaradas. Et nos as pesoas et coengos et raçioneros et omes boos sobreditos do dito cabidoo asy vosllo outorgamos. Et porque seia çerto nos as partes rogamos a o notario juso escripto que faça de todo esto dous estromentos sub huna forma, et que deite hun delles en o livro de nos o dito cabidoo et que de a vos, o dito Lopo Lopes, outro seellado de noso seello et signado de seu signal.

Feito et outorgado foy esto que dito he dentro en o tesouro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, des dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: don Gonçalvo Osores, archidiacono de Triacastella; don Fernando Afonso, juys; Afonso Fernandes, Afonso Rodrigues, Pedro Lopes, Johan Eanes, Afonso Teyxeyro, Lopo Fernandes, Fernando Rodrigues, Roy Tato, Johan Lopes, et Gonçalvo Fernandes, coengos; Pedro Ferrnandes, Pedro Afonso, [...] Afonso, Fernando Ferrnandes, raçioneros de Lugo, et outros.
Item este dito dia et era sobreditos estando en o Moesteiro de San Domingo da dita çibdade de Lugo don Afonso Lopes, chantre do dito lugar, diso que por quanto el non podera seer presente a o dito foro quando foy feito et outorgado a o dito Lopo Lopes et sua muller et pesoa, que el asy como amistrador que era en terra d’Aguiar que consintia en o dito foro, segundo et en a maneira que era feito et outorgado por los ditos omes boos do dito cabidoo, et que o outorgava et outorgou.
Testigos que a este foron presentes: Rodrigo Afonso de San Jullao; et Pedro Afonso de San Lourenço, et outros.

Et eu Rodrigo Ares, coengo de Lugo et notario publico por la auctoridad apostolica, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et pedimento das ditas partes este instromento de foro fis scripvir et aqui meu nome et signal acustumados pono en testemoyo de verdade.