GMH/ÍNDICE A-Z

907
1408, febreiro, 29 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Díaz e a dúas voces casas, casais, carreiras... en San Pedro de Martul por renda anual de 300 marabedís. A continuación o foreiro fai doazón dun casal e herdades en San Pedro de Vilela que tamén o Cabido lle afora por unha fanega de centeo anual.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 103 r.


   

Sabeam todos conmo nos as persoas coengos et benefiçiados da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo seendo juntados en cabidoo por canpaa tangida dentro en o leedoyro junto a o coro da dita iglesia, segundo que abemos de uso et de custume, aforamos a vos Alvaro Diaz de Peredo, escudeyro, et a duas pesoas depus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se por ventura non for nomeada que seia aquela persoa que de dereito herdar vosos bees ou a mayor parte deles, conben a saber que vos aforamos todos los casares et casas, arbores et rendas et caneyros et outras quaesquer dereyturas que nos avemos et nos perteeçen aver em qualquer maneira et por qualquer razon en a iglesia de San Pedro de Martul et em sua fregresia, chamado prestamo coesivel, o qual agora de nos ten en renda Rodrigo Afonso de Sabedra, as quaes cousas sobreditas et cada huna delas vos aforamos como dito he con todas suas herdades, casas, casares, arbores, formaes, rendas, dereyturas, jurdiçoes et outras quaesquer pertenenças et absençoes que a ista dita iglesia de Lugo et a mesa do cabidoo della, a nos em seu nome, perteeçen et deven pertesçer en qualquer maneira et por qualquer rason en as ditas iglesia et frigisia de San Pedro de Martul et em seus terminos, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Alvaro Diaz, et as ditas persoas et cada hun de vos labredes por vos, ou por outros, todos los casares et herdades que a nos perteeçen en a dita iglesia et frigrisia, et as nosas casas que ora estan feytas que as mantenades en boo paramento en maneyra que cousa alguna dos ditos bees non perescan por mingua de boo paramento; et que dedes et pagedes de foro et renda por los ditos bees et cousas vos et as ditas persoas em cada hun ano, a o noso mordomo do cabidoo en noso nome, tresentos moravedis da moneda vella, de oyto soldos vellos cada moravedis, en paz et en salvo sen exçepçon et contradiçon alguna, dentro en esta çiudade de Lugo por dia de Natal, et os labradores que lavran as herdades da dita iglesia et frigrisia han de seer et seian ben libres et quitos et eiçentos de todas monedas, [pascos] et pedidos et outras quaes quer enposeçoes, segundo que o foron et son et deven ser os outros caseiros et labradores da dita iglesia de Lugo. Et a finamento da postrimeyra persoa os ditos beens, casares, casas, naseiros, dereyturas et rendas et cousas sobreditas et cada huna delas han de ficar et fiquen libres et quitos desenbargadas a nos, as ditas persoas et cabidoo da dita iglesia de Lugo, et a nosos suçesores con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Alvaro Dias de Peredo, que presente estou por myn et por las ditas persoas et cada huna delas asi o reçebo o dito foro das cousas et bees sobreditas que me vos, o dito cabidoo fasedes, et obligo min et meus bees et das ditas pesoas para faser a dita paga dos ditos tresentos moravedis, de oyto soldos cada moravedi, en cada hun ano a vos o dito cabidoo et a voso mordomo em voso nome por lo dito dia de Natal segundo dito he. Demays por este ben et merçede que me vos, as dita soas (sic)  et cabidoo et a dita iglesia, fazedes douvos et outorgo por jur de erdade para senpre jamays en enplasamento hun casal con herdades et bees et padroadegos et jur de apresentar et con quatro teegas de pan por lo pe do altar que eu ey et me perteeçe por myna madre, Sancha Fernandes, en Vilela d’Aguiar sub o signo de San Pedro de Vilela, et en a dita iglesia de Santiago, et obligo min et \todos/ meus bees para faser sao et de pas o dito enprasamento a vos, o dito cabidoo, et a dita iglesia de Lugo para en senpre jamays, et logo tiro et parto \de min/ todo jur et senorio et dereyto et posison jur et abçon a que ey et me perteesçe aver en o dito casal et herdades et bees et padroadegos, jantar et cousas sobreditas, et ho traspaso et pono todo en vos, o dito cabidoo, et en a dita vosa iglesia como dito he, et se por bentura d’aqui endeante o posuyr ou ho usar confeso et outorgo que o aio et posuyo en voso nome precario et da dita iglesia.

Et nos, as ditas persoas et cabidoo, logo damos et aforamos a vos, o dito Alvaro Dias, et persoas o dito casal et herdades et padroadego et cousas et bees sobreditos et cada huna delas para que as tenades et aiades vos et as ditas persoas en vosa vida con os outros casares et bees et cousas de San Pedro de Martul et de sua fregisia, et avedesnos a dar et pagar en cada hun ano de foro por lo dito casal et bees et padroadego et cousas vos as ditas persoas huna fanega de çenteo limpo en cada hun ano por lo dito dia de Natal en a dita çiudade de Lugo, et a finamento da pustrumeyra persoa o dito casar et jur de apresentar et bees sobreditos an de ficar et fiquen a nos, o dito cabidoo, et a nosa iglesia libres et quitos et desenbargados de vos, o dito Alvaro Dias, [...] vos para en senpre jamays con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Alvaro Dias, asi o reçebo o dito foro segundo dito he por las maneiras et condiçoes et maneiras sobreditas. Et porque seia çerto nos as ditas partes mandamos a o notario juso escripto que fesese desto duas cartas en hun tenor et dese huna a cada huna de nos as ditas partes.

Feyta foy a carta en este dito lugar, quarta feira, postrimero dia do mes de febreiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes: Roy Tato, coengo et vigario do deadego; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, [arçidiago de Neyra]; don Gonçalvo [...], arçidiago de Triacastella; Rodrigo Afonso, juys [...].