1337, maio, 28. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Domingo Ferreiro e á súa
muller e a unha voz unha casa con horto e cortiña por renda anual á
igrexa de Valonga da cuarta parte dos novos e 12 soldos.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia
de Lugo et prestameyro da iglesia de Sancta Maria de Valonga, et
Fernan Domingues, prelado desa iglesia, con outorgamento do dayam et
cabidoo da iglesia de Lugo, damos avervo et aforamos a vos Domingo
Ferreyro et a vosa muller Tareysa Eanes, et ha huna pesoa semellavele
de vos qual o postrimeiro de vos nomear, huna casa con sua cortina et
con seu orto, commo fere na herdade dos Herdeiros, et de testa na
herdade que ten Pedro Aras, a qual cortina et casa et orto vos
avervamos a a tal raçon que a lavredes et paredes ben, et dedes cada
anno, a a sobredita iglesia de Valonga, a quarta dos novos que Deus
der enna dita herdade et orto, et cada anno, por la dita casa, doçe
soldos desta moneda del rey don Affonso, que façen quatro dineiros
novees tres soldos, et pagarlos por Natal. Et a vosa morte et
d’aquella pesoa que vos nomeardes deve aficar a dita casa et
çelleyro et orto livres et quitos a a dita iglesia de Valonga con
todos los boos paramentos que y foren feitos et con a dita casa
feita. Et este vervo non avedes vender nen supinorar a nehun ome
poderoso.
Et
eu Afonso peres de Pumarega, que estou presente, asy reçebo de vos,
thesoreiro et Fernan Domingues, en nome dos sobreditos Domingo
Ferreyro et Tareiya Eanes, o vervo et foro das ditas casa et cortina
et orto, et da pesoa que for nomeada, et obligo min et todos meus
bees para pagar cada anno os ditos dineiros et conprir todo esto que
dito he. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes con
outorgamento do dayam et cabidoo sobreditos rogamos a Ruy Fernandes,
notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.
Que
foy feyta en Lugo XXVIIIº dias de mayo, era de mill et CCC LXXVº
annos.
Et
eu thesoreyro sobredito por mayor firmidoe seeleya de meu seelo
pendente.
Testemoyas:
don Alvar Dias, archidiago de Sarra; don Ppedro Roys, archidiago de
Deçon; Vasco Dias, coengo de Lugo; Iacome Eanes et Iohan Eanes da
Cruz.
Et
eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do
bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a rogo das partes
sobreditas esta carta en mina presenza fiz escrivir et puge en ella
meu signal en testemoyo de verdade.