GMH/ÍNDICE A-Z

957
1418, maio, 2 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lope de Prol, á súa muller e a unha voz unha cortiña no Carballal por renda anual de 25 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 130 r. e v.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto anos, lunes, dous dias do mes de mayo.

Sabeam todos como nos as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Lopo de Prol, vesino da çiudade de Lugo, et a vosa muller, Tereyia Afonso, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, et se por ventura non for nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto, huna nosa cortina, que he dos ditos anyversarios, que esta en a çiudade de Lugo a o Carvalal, a qual ias junta da huna parte con ho carril que ven de rua Nova arredor a parede da orta de San Françisco para o Carvallal que ven topar en a porta que sal de San Domingo para o Carvallal, et da outra parte iaz junta con outro carril que ven de rua Nova que ven topar en o poço do Carvallal, et fere de testa en os ortos das casas de rua Nova; a qual tevo et usou Pedro do Cavalo o vello, a qual he sub signo da Capela de San Marco; a qual dita cortina vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo perteesçe a os ditos aniversarios et a nos por nome delles, a a tal pleito et condiçon que vos et a dita vosa muller et persoa lavredes et çarredes et paredes ben a dita cortina et ha tenades lavrada et çarrada et ben lavrada et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson en cada hun ano vos et a dita vosa muller et persoa que suçeder en o dito foro, vos, o dito Lopo de Prol, / et vosa muler en vosas vidas \viinte et / çinquo moravedis de moneda vella de longos, et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro que de et pague de foro cada ano triinta maravedis de longos, et que os pagedes en cada hun ano, a aquel que tever os ditos aniversarios, por dia de San Martino de novembro en paz et en salvo en a dita çiudade de Lugo; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita cortina fique lavrada et ben reparada a os ditos anyversarios et iglesia de Lugo, cuia he, con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Lopo de Prol, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, que me fasedes da dita cortina por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Lopo de Prol, et vosa muller et persoa et outra que a lançase en o libro do dito cabiidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Lopo de Prol, con o sello do dito cabidoo.

Feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, era et dias et mes susoditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Pedro Lopes, Juan Lopes, Afonso Teyxeyro, Fernan Peres, Juan Dias, Afonso Martines, coengos; Diego Afonso, capelan, Juan Ferrnandes de Quintaa de Iglesia, Afonso Pallin, Lopo Rodrigues de Teyxeyro, Fernan das Cortinas, Fernan Peres de Vardanco, Gonçalvo Peres de Robra, Afonso Ferrnandes de Teyxeyro, coengos d’aniversario da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.