GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

89
1433, decembro, 13

Rui Lopes, escudeiro, veciño de Pontevedra, afora a Afonso Fernandes da Bouza, morador no couto de Arcos, as súas propiedades en Santa Maria de Portas por tempo de 15 anos. Foro: o tercio do pan, a metade do viño e, por Nadal, unha marrá cebada e un par de capóns.

(ff. 41 v-42)

Trese dias do mes de desenbro. Sabean todos que eu Rui Lopes, escudeiro, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, aforo a vos Afonso Fernandes de Bouça, morador ẽno couto d´Arquos, et vosa moller Tareija do Ramo et a bosas vozes, o meu lugar, casas, casares et chantados et bouças et arvores que disen de Portas, que he ẽna fiigresia de Santa Maria de Portas, onde quer que vãa, con mas a metade de toda a viña do chouso do Paaço, como se parte do rego da agua da Fonte da viña que descende por ontre la viña para o espital, et vay // topar a outro agro do dito lugar que esta (roto) et con esto vay o baçelo da cova, salvo que non entre en este foro o baçelo que eu fise ẽno chãao a par do ameyral. Et aforo, como dito he, o dito lugar et viña salvo que fica en salvo para os lavradores que me lavran as outras viñas et devesa de sobre lo camiño que teen en seus foros, et val enton este foro, por tenpo doje ata quinse anos conpridos primeiros seguintes, ẽnos quaes devedes lavrar as ditas herdades do dito lugar et morar nas casas del et teerlas çertas et cobertas etc.; et fica a mĩ, o dito Rui Lopes, a adega et camera do paaço do dito lugar (tres liñas en branco) et dar a mĩ et a mĩas boses, en cada ano, o terço de todo o pan et çebolas que lavraredes et Deus der ẽno dito lugar et mas a metade do viño, o pan aa eira et o viño aa dorna; et bendimar por mĩ, et mas por foros por Natal hũa marrã çevada et hũu para de capoes, et para esto eu, o dito Rui Lopes, ey vos de dar seys baquas con seus fillos et mas que a a bos que conpremos dous bois, et deven andar de por medio, et morrendo hũu que conpremos outro de por medio, et as vaquas deven andar os cabos por mĩ et vos averdes o terço das criaçoes; et outrosi vos ey de dar, de aqui a dous anos, hũu pelote de pãno de morilla para a moller, et defendervos de todo pedido salvo da alcavala do rey (liña en branco) Testemoyas: Juan Vidal de Portas et Juan Fernandes, Goncalvo Peres et outros.