Gonçalvo Fiel, mercader de Pontevedra, declara que debe a Estevoo Cruu, xurado de Pontevedra, unha taza de prata que lle tiña en garda e depósito. En 10 de abril de 1437 Tareija Fariña, no nome do seu marido Estevoo Cruu, recibe de Gonçalvo Fiel a dita taza.
(f. 66 v)
Este dia Gonçalvo Fiel, mercador, morador en Pontebedra, confesou que devia ao dito Estevoo Cruu, jurado, hũa taça de prata de lavores de colleres, hũa coller baixa et outra alta, et hũa coller dourada et outra branqua, et en fondo hũu esmalte con escudo con çinco follas de figueira, que podera pesar hũu marquo et medio de prata pouquo mas ou menos; pagar asi como aver de guarda quando et cada que lla demandar etc., so as penas que os dereitos poen aas guardas. Testemoyas: Afonso Gago, juis, et Luis Mendes, Fernando Basques, home do dito.
Ano trecesimo setimo, X de abril, a dita Tareija Fariña, en nome do dito seu marido, resçebeu do dito Gonçalvo Fiel a dita taça. Testemoyas: Pero pedreiro et Afonso (...?)