GMH/ÍNDICE A-Z

18
1433, abril, 26

Juan Gonçalves de Tui, criado do mestrescola da Igrexa de Tui Estevoo Trigo, recibe de Gonçalvo Gonçalves, prateiro pontevedrés, 170 florins de ouro do Reino de Aragón en conta dos 200 que lle debía.

(f. 9)

Juan Gonçalves de Tuy, criado de Estevo Trigo, mestrescola da igresia de Tuy, resçebeu en nome do dito mestrescola de Garçia Gonalves, prateiro, vesiño de Pontebedra, en presença de min, notario et ts. para dar et entregar ao dito mestrescola çento et setenta floriins de ouro do cunno de Aragon que son para en pago de dosientos froliis que o dito Garçia Gonçalves confesou que lle devia. Et outorgouse o dito Juan Gonçalves por pago dos ditos çento et seteenta froliins en nome do dito mestrescola et para el. Ts. Juan Rodriges Murçiano et Lopo Martin, ourives, Lourenço de Fafin, alfayate. Juan Gonçalves do Ribeiro.