GMH/ÍNDICE A-Z

45
1433xullo, 12

Pero Yanes, oleiro, veciño de Baiona de Miñor, fai seu procurador a Juan de Pascoa para que poida recadar, no seu nome, todolos bens e rendas que lle pertencen na vila de Pontevedra e ó seu arredor.

(f. 20 v)

XII dias do dito mes. Pero Yanes, oleiro, besiño de Bayona de Miñor, feso seu procurador abondoso etc. a Juan de Pascoa, mareante, para que por el et en seu nome, podese pedir, demandar, resçeber, recadar, todos bẽes movles et rayses, casas, casares et chantados que a el perteesçeia et devia de aver et herdar ẽna villa de Pontebedra et arredor dela por qualquer maneira, et para que os podese vender et enpeñar a quen quisere et por ben touvese, et dar carta de pago do que resçebese etc. et toda venda que fesese dos ditos bẽes et parte deles que el a outorgava a tan ben como se por el fose outorgada. Ts. Garçia Rodrigues de Vigo, lavrador, et Gonçalvo Esturãao, mareante, et Marquos Carneiro. Para os quaes bẽes bender lle deu poder para pagar a fiança que lle fezo de Juan Afonso (roto). Et caso que el outro poder tovese dado ou dese que non baluese fasta poder etc.
Ts. ut supra.