208
abril, 22
O provisor demanda aos moradores de Seixalbo o pagamento de 11.377 mrs. e 3 cruzados dos pedidos. (fols. 66v-67)
Martin Sanches et os de Seixalvo.
Et despois desto, día quinta feira, viinte e dous dias do mes de abril en Ourense enna aldea de Seixalvo, enno adreo da dita aldea, estando y presentes dominus Martin Sanches abade da igleia da Triindade et provisor do obispado d’Ourense, outrosy estando y presentes Diego de Merii meyriño dos coutos do bispo, Estevo Yanes et Gonçalvo Martines juis, Martin Brabo, Afonso Tato, Martin Juis, Gonçalvo da Igleia, Loys Garçia, Pero Yanes Boon Ramallo, Gonçalvo Chamorro, Joan Sirgado, Joan Limaao, Gonçalvo Yanes carteiro, Joan Louçaao et parte dos moradores da dita aldea avendo seu acordo sobre rason dos mrs. dos pedidos del rey dos annos de XXIX e de XXX e de XXXI e de XXXII, por ende que lles demandavan que pagasen XIM CCC LXX VII .- III crusados de os que lles cabia de pagar en fin deste mes so penna de pagar as ( fol. 66v)
custas e dapnos que lle sobre elo recreçesen et que se os non pagasen ao dito termino que mandava ao dito Diego de Meríí que os prendese e levase todos presos ao Castello Ramiro e que todo o asy mandava por sua sentença. Tests. Alvaro Fernandes coengo et Alvaro Afonso rejedor et Meen Suares e outros.