GMH/ÍNDICE A-Z

A28
1380, xaneiro, 15
Nuno Iáñez e a súa muller, María Iáñéz, desembargan a Roi Lourenzo da Fonteíña, veciño de Ourense, dous lugares que tiñan del en garantía polo préstamo de 2700 mrs., por seren xa devoltos. (fols. 19v-20)
Era de mill e quatroçentos e dez e oyto annos, quise XV dias andados do mes de janeiro. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Martiño Anes (...) enno Chaao de Castela e en Bubal e enno Bolo de Sende, estando este dito dia em Vameo (...) en (...) presentes y Nuno Anes /e Maria Anes sua moller\ morador enno dito lugar et Roy Lourenço da Fonteyña, vezino et morador enna çidade d’Ourense, et logo o dito Nuno Anes diso que el emprestara do dito Roy Lourenço mill e quinentos mrs. de dños. brancos sobre o lugar de (Mirya) et outros mill e duzentos sobre o lugar do Figeyredo e de Paaços e sobre as quinse libras que o dito Nuno Anes avia de dar del (...) que tevera dos ditos lugares po(...) de tenpo avia, em tal maneira que per(...)se deste (...) das novidades que el levara dos ditos lugares (...)des feytos que lle o dito (Nuno)* Roy Lourenço /agora\ (...) pagos el e a dita Maria Anes sua (...) (fol. 19v)
voontade (de)* en presença de min notario e tests. (...) (rentrada) a ley de (numer...)* a ley de numerata pecunia do aver non contado et a ley de duobos (...) tests. devem veer feitos a paga et por (...) nos os ditos Nuno Anes e Maria Anes somos pagos (...) do noso, leyxamos e desenbargamos a vos o dito (...) et a toda vosa vos os ditos lugares, segundo que de (...) tyynades ao tenpo que nos llos vos deytastes, e mandamos que façades delles vossa livre vontade e o que vos aprouver des aqui em deante, et por que esto seia çerto e non veña en dubda (mando)* nos (o dito)* os ditos Nuno Anes e Maria Anes mandamos ao dito notario que vos dese esta carta de pagamento e de quitamento con seu nome e con seu synal. Que foy feyta enno dito lugar ennos dia e era e (...) sobre ditos. Tests. que foron presentes Joan Lourenço, o rendeiro de Belsar (...) Lourenço (...) do Monte e Fernando Afonso dos Cassares e (...). Eu Martin Anes, notario sobre dito, que a esto presente (...) vyn faser a dita paga, esta presente (...) (fol. 20)