GMH/ÍNDICE A-Z

D189
1459, maio, 16
A petición de Afonso Caldelas os alcaldes embargan preventivamente certo viño e o diñeiro obtido pola venda doutro, que aquel asegura que se lle debe ao bispo. (fol. 58v)

Afonso Caldellas.

A des et seys dias de mayo en Ourense, Afonso Caldellas tomou testemuyo contra os ditos alcalldes que por quanto el tyna fiado (a Rodrigo Lopes do)* a Lopo Pena demandador en conta de VII (- - -) mrs. et se fora et Rodrigo Lopes do Rigeiro e vendia os viños et tomara os dños. et seyan ende duas cubas de viño, huna enno celeiro de Afonso de Salvaterra e outra enno çeleiro de Gonçalvo Rodrigues d’Olveda, que mandasen poer enbargo enno dito viño, e os dños. que os posese en fieldade para se pagaran ao bispo a quen eran devidos, senon que protestava etç. et diseron et os ditos alcalldes diseron que mandava vender os viños e poer os dños. en fieldade en poder de min o dito notario para os daren a quen os devese daver de dereito et que mandavan presentar ante elles as obrigaçoes para aver acordo con elas para veer qual delas era primeiramente feita para seer primeiramente paga. Tests. Diego de Balboa, Loys Garçia, Rodrigo Anes clerigo, Alvaro Fernandes pregoeiro. (fol. 58v)