GMH/ÍNDICE A-Z

30
1433, maio, 28

Don Afonso García, abade do mosteiro de San Juan de Poio, como compridor da manda de Afonso García de Simis, vende a Ares García de Rajoo, mercader de Pontevedra, unha leira de viña en San Mamede de Moldes, por precio de 900 maravedis.

(ff. 14-14 v)

Viinte et oyto dias do dito mes de maio. Sabean todos que eu don Afonso Garçia, abade do mosteiro de San Juan de Poyo, que soo presente, et que faço por min et por todos meas vozes, et en vos et en nome de Afonso Garçia de Simys, cuja alma Deus aja, de que soo heree et conpridor de sua manda, non costringido por forza nen por engaño resçebido, mas de livre et propia voontade, para comprir et pagar o que o dito Afonso Garçia mandou ẽna dita sua manda, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo sempre, a vos Ares Garçia de Rajoo, mercador, besiño da villa de Pontevedra, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Fernandes et a todas vosas vozes et suas, toda a leira de viña, disimo a Deus, que jas ẽna Veiga de Pedroso da fiigresia de San Mamede de Moldes, a qual leira de viña se ten de longo da hũa parte con outra leira de viña de dita igllesia de San Mamede de Moldes, que agora por la dita igllesia labra Juan da Lagia et da outra parte se ten de longo con outra leira de viña que foi de Catalina Oanes do Ribeiro, que agora he de Juan Bieytes Conpaño et vay entestar en hũa leira de viña que labra Domingo de Marquon, que agora ten et usa Pero Cruu, o moço, et ven seyr aas congostras publicas que van para San Migell de Marquon. Iten vos bendo mais a herdade Calva que jas junto con a leira de viña que foi de Juan Ledo, jurado que foy da dita villa, et que agora he de Juan Martiis de Melojo, mareante, qual leira de viña et herdade perteesçia ao dito Afonso Garçia por seus padre et madre et avoos. Et vendo, como dito he, a dita leira de biña con sua herdade en que esta et a dita herdade cos seus muros et çerquas et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por contia de noveçentos maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos noveçentos maravedis da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, de que me outorgo por entrego et pago a toda a mĩa voontade, et renunçio etc, et se o diser etc. et se mais bal esto que dito he, que vos asi vendo, douvoslo et outorgo en pura, justa et sãa doaçon para todo sempre, asi como doaçon mellor pode et debe seer et de dereito mais bala ontre bivos, et todo jur, senorio, propiedade, vos, dereito et auçon que o dito Afonso Garçia, et eu en seu nome, asi como seu herdeiro, abiamos et deviamos a aver en esto que dito he, que vos eu en seu nome para comprir sua manda vendo, de min et de todas mĩas bozes o tiro et tollo et en vos o dito Afonso Garçia et ẽna dita vosa moller et vosas vozes o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de senorio et posison corporal, et quero et outorgo que dende oje este dito dia en adeante, sen meu enbargo et de todas mĩas bozes, posades entrar et resçibir a dita leira de viña et heredade susoditas que vos asi vendo, et vos et a dita bosa moller et bosas bozes faser delo et en elo toda vosa libre boontade, como de bosa cousa propia, et prometo et outorgo de vos anparar et defender con esto que vos vendo de todo enbargo por os bees do dito Afonso Garçia et por min et por todos meus bees movles et rayses, eclesiasticos et seglares, que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia vos peite por pena se o asi non tover et conprir et contra elo vier. Et a pena pa // gada ou non, esto, como dito he, este sempre firme. Et eu o dito Ares Garçia, que soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas voçes, asi o resçebo. Feito ẽna dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Alvaro Nunes, mercader, vesiño da dita villa, et Juan Rodrigues de Almonte, natural do couto de San Juan de Poyo, et Estevoo de Palos, morador en Sevilla, et frey Afonso d´Andamoyo, monje do dito mosteiro, et Rui de San Martiño, criado do dito abade et outras.

Feita.