GMH/ÍNDICE A-Z

22
12971297, xaneiro, 28

arrendamento

O cabido arréndalle vitaliciamente ao racioneiro Paulo Viviáez unha viña “tras as casas dos frades” por 270 soldos.

 

ACOu, Escrituras XVII, 87

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 553-554, doc. 700)

 

Conuçuda cousa seia a todos que eu Pero Rodriguez coengo d’Ourense en nome e en voz do dayam e do cabidoo desse lugar, a vos Paulos Viviaez raçoeyro d’Ourense en vossa vida tanto huna leyra de vina que o dito cabidoo á tras as casas dos frades, a qual leyra Domingo Fernandez capelam que foy do coro tevo arrendada desse cabidoo. Arrendo a vos a dita leyra de dezemo a deus e livre de todo outro enbargamento por tal pleyto que vos lavredes e paredes ela ben que non falesca por lavor, e dedes ende cada anno en salvo ao dito cabidoo en dia de Sayoane bautista duzentos e seteenta soldos da moeda blanca que agora corre a dous diñeiros por soldo, non enbargando grando nen geada nen outra tenpestade se veer, o que deus non queyra. Et para pagar a dita renda e conprir assy commo sobredito é eu Paulos Viviaez obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu Pero Rodriguez outorgo que vos Paulos Viviaez seiades anparado con a dita leyra a dereyto no tempo sobredito pelos beens do dito cabidoo. Esto foy en Ourense, xxviiiº dias de janeyro, era de mill e ccc e xxxvº annos. Tests. que presentes foron Aras Eanes raçoeyro, Domingo Perez da rua d’Oobra, Martin Eanes capelan do coro, Gonçalvo Namorado porteyro do cabidoo.

Et eu Estevoon Perez notario de Ourense que foy presente a esto e figeo escrivir e meu sinal puge.

(sinal)

[reverso]          Custou iiiiº soldos.