GMH/ÍNDICE A-Z

438
1388, febreiro, 16
foro

Pedro Álvarez da Fontaíña, escudeiro, afóralles a perpetuidade a Gonzalo Lourenzo, labrador, e á súa muller, Mariña Domínguez, unha viña no Seixo, por quinta ao señorío e a el 12 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 53

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Alvares escudeiro morador en Ourense enna rua da Fonteyna, teendor da suçisson que ordenou don Beraldo Afonso (- - -) d’Ourense que foy, por liçençia e outoridade de don Fernan Peres abade da igleia da Triidade, vigario geeral do bispado d’Ourense por lo onrrado padre e señor don Pascoal por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que he presente, dou e outorgo a foro a vos Gonçalvo Lourenço lavrador que sodes presente et a vossa moller Mariña Domingues que non he presente et a todas vosas voses para senpre, conven a saber que vos aforo huna leira de viña que eu ajo en termio d’Ourense e aa dita suçison perteençe enno lugar que disen o Seixo junta con o outeiro de Pousada, a qual leira de viña vos ja agora tragedes a jur e a mao et a qual parte da huna das partes con viña de Garçia Fernandes mercador et con viña de Johan Clerigo e con viña de Johan Colaço que foy, et en fondo fere en viña de Johan de Junqueira do Villar que he yrmaa desta leira, et en çima entesta enna congostra vella que vay de Porto Carreiro para o castelo. Aforo vos a dita leira de viña commo dito he con todas suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal pleito e condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento. Et façades da dita leira de viña foro de quinta ao señorio et seu disimo a deus. Et dedes ende cada anno a min ou ao teedor que pelo tenpo for da dita suçisson por dia de San Martiño do mes de novenbro dose libras de diñeiros brancos contado viinte soldos por libra ou a estymaçon deles enna moeda que correr. Et do al que ajades a dita leira de viña de disimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e tributo e encarrego alguun. Et he posto que se quiserdes vender, deytar ou supiñorar ou eallear a dita leira de viña ou parte dela que primeiramente frontedes a min ou ao teedor que pelo tenpo for da dita suçison et nos la dedes por lo justo preço que outro por elo der, et non na querendo por ese preço reçeber estonçe a vendede, deytade ou supynorade aa tal pesoa que seia vossa semelavil que lavre e pare ben e cunpra e page e agoarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para vos anparar e defender senpre a dereito con esto que vos aforo commo dito he obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito Gonçalvo Lourenço que soon presente por min e porla dita miña moller que non he presente asy reçebo de vos o dito Pero Alvares a dita leira de viña aforada para senpre segundo dito he, et para a lavrar e parar ben e pagar e conprir e agoardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e agoardar que peyte aa outra parte que o conprir e agoardar quiser por nome de pena e interesse çen mrs. da dita moeda |moeda| et a dita penna pagada ou non esta carta valla e fique firme para senpre. Et eu o dito Fernan Peres vigario sobre dito, por quanto soube e soon ben çerto por omes dynos de fe e de creer et outrossy por juramento que do dito Pero Alvares reçeby sobre santos avangios en presença deste notario e tests. que esto he prol e boon paramento da dita suçisson, por ende dou poder e outoridade e lyçençia ao dito Pero Alvares para que possa faser et faça este dito aforamento ao dito Gonçalvo Lourenço e sua moller e a todas suas voses et entrepoño meu degredo a este dito aforamento et mando que valla e aja firmidume para senpre enna maneira que he feito. Feyta a carta en Ourense, des e seis dias do mes de fevereiro, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e oyto annos. Testemuyas que foron presentes Vaasco Peres fillo de Orraca Anes escudeiro et Gonçalvo Peres da Fonteyna notario d’Ourense e Johan de Souto e Estevo Lamela clerigos e Johan de Junqueira do Villar et outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar que a esto que dito he presente foy e o escrivy et en esta carta que dey ao dito Gonçalvo Lourenço meu nomme e meu signal fis en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)