GMH/ÍNDICE A-Z

370
1365, xaneiro, 17
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Gonçalo Martínez e á súa muller, Tareixa Estévez, moradores en Puga, o casal do Rigueiro e a metade do de Nicolao e da herdade de Vales, por terza e dereituras de 8 mrs. e 2 capóns polo casal do Rigueiro, 20 pares de diñeiros polo de Nicolao e 3 mrs. por Vales, con condición de plantar 30 cavaduras de viña.

ACOu, Tenza de Puga, 456

Sabean quantos esta carta viren que nos don Gil Vasques dean da igleia d’Ourense et cabidoo dese lugar seendo juntados por canpaa tanjuda na costra nova de San Martiño hu e custume de nos ajuntar a faser cabidoo, damos e outorgamos a foro a vos Gonçalvo Martines morador en Puga et a vossa moller Tereyia Esteves que non he pressente et a todas vossas voses para senpre o cassar do Rigueiro con suas cassas e viñas e herdades e arvores e con todas as outras coussas que ao dito casar perteençe segundo que o tevo Martin Martines afforado do dito cabidoo. Aynda vos damos a meatade da herdade de Vales segundo que ora esta partida con a meatade do casar de Nicolao segundo que o vos o dito Gonçalvo Martines teedes partido con Pero d’Eyroos Damos vos e outorgamos os ditos cassares e herdades sobre ditas con seus montes e con entradas e seydas et con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que vos que chantedes de vina todos los montes e touças que estan por chantar que perteençen aos ditos cassar e herdades sobre ditas e que as lavredes e paredes ben de guisa que non desffalescan por mingoa de lavor nen por mao paramento. Et vos os sobre ditos e todas vosas voses que dedes a nos o dito cabidoo ou ao que por nos tever a nosa renda de Puga a terça parte do viño e da conposta que deus der ennas ditas herdades, conven a saber a conposta na viña e o viño no lagar et o pam na ayra per ome do que por nos tever a dita renda de Puga, ao qual deves aproveer cumunalmente de comer e de bever en quanto estever con vosco a coller as ditas novydades das ditas herdades. Et outrosy vos o dito Gonçalvo Martines por esta graça que vos fasen avedes de chantar no dito lugar de Vales cavadura de triinta omes et que pagedes as dereituras dos ditos lugares acustumadas, conven a saber do cassar do Rigueiro oyto mor. e dous capoens et da meatade do cassar de Nicolao viinte par de diñeiros e por a meatade de Vales tres mor. ou mays se mays foren as dereituras. Et he posto que se vos os sobre ditos e vosas molleres ou vossas voses quiserdes vender, deitar ou supenorar os ditos cassar e herdades ou parte deles que primeiramente façades a nos o dito cabidoo ou ao que por nos tever a dita renda de Puga e nolos dedes por lo justo preço que outre por elas, e non nas querendo nos enton as vendede, deitade ou supenorade non a cavaleiro nen escudeiro nen a dona nen a relegioso nen ome de tras muro nen a outro ome podroso, mays aa taes pesonas que seian semellaviles de vos e que cunpran et agarden todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e que vos sodes tiudos de conprir. Aynda he posto que se caston recleçer ontre nos o dito cabidoo e o que tever a dita nossa renda de Puga e vos os ditos sobre rason do dito casar e herdades sobre ditas ou de parte delas que se termie por dous ommes boons de nos o dito cabiidoo tomados a praser das partes, toda outra apelaçon remota. Et obrigamos os beens da mesa de nos o dito cabidoo para anparar e defender a vos os sobre ditos e a todas vosas voses senpre a dereito con o dito casar e herdades sobre ditas. Et eu o dito Gonçalvo Martines que soon presente por min porla dita Tereyia Esteves miña moller que non he presente e por todas nosas voses asy reçebemos de vos o dito dean e cabiidoo o dito casar e herdades sobre ditas afforadas de foro de terça commo dito he e con as ditas dereituras et prometemos e outorgamos de as chantar e manteer as cassas e ontre chantar cada hu lles conprir et lavrar e parar ben e conprir e agardar e pagar o dito foro e chantar as ditas herdades commo dito he e chantar no dito lugar de Vales cavadura de triinta omes commo dito e ou con mays se mester for et todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas. Et para o assy conprir obrigamos todos nossos beens gaañados e por gaañar. Et desto nos as ditas partes rogamos e mandamos a Pero Enriques coengo e chançeler da igleia d’Ourense que fesesse ende duas cartas partidas por a.b.c. anbas feitas en hun tenor. Feita a carta en Ourense dentro enno dito cabidoo, des e sete dias do mes de janeyro, era de mill e quatroçentos e tres annos. Tests. que a esto presentes foron Gonçalvo da Dança e Fernan Yanes moradores en Puga e Johan Garçia porteiro do dito cabidoo.

Et ego Petrus Henrici predictus qui ad hec predicta pressens fui et in mea presencia scripta et signum meum hic posui quod tale est.

(sinal)