sentenzaSentenza
de Diego Gómez,
deán e vigairo xeral do bispo Pascual García, pola que
se condena a Pedro Iáñez de Sode a pagar 10 mrs. aos capeláns de Santa
Eufemia para unha misa cantada que deixara a súa muller, Eufemia
Martínez, sobre unhas casas na Cruz dos Ferreiros.
Sabean quantos esta carta
de sentença viren que en presença
de min Gomes Peres notario publico da
çibdade d’Ourense por lo bispo e por la
igleia desse lugar e das tests. adeante
escriptas, aparesçeron en juiso ante
don Diego Gomes dean d’Ourense et vigario
geeral do onrrado padre e señor dom Pascoal Garçia
porla graça de deus e da santa igleia de
Roma obispo d’Ourense, Johan Anes
capelan da capela de Santa Oufemea desta çibdade
d’Ourense por si e en nomme da dita
capela da huna parte et Pero Anes de Sode
carniçeiro morador en Ourense na crus dos
Ferreiros por si da outra parte, estando y
presente Gomes Mosqueiro morador en
Ourense no Canpo. Et logo o dito Johan
Anes poso sua demanda por pertinenta
perante o dito dean e vigario
contra o dito Pero de Sode, disendo que
commo Oufemea Martines sua moller que
fora, ao tenpo que fesera e ordenara seu
testamento e sua postromeira voontade en
seu testamento mandara aos capelaans de Santa
Oufemea en cada huun anno des mor. de diñeiros
brancos et elles e seus suçesores que
lle disesen en cada huun anno por dia de Sam Iohan
Bautista huna misa cantada, et que o dito
Gomes Mosqueiro seu heree que ficara en
seus beens e conpridor que lles posera
estes des mor. por que os ouvesen para
senpre en cada huun anno porla sua parte
daquelas casas en que o dito Pero de Sode
mora, que estan enna dita rua da crus dos
Ferreiros sigundo que disso que se todo
esto mellor e mais conpridamente contiiña
enno traslado da clausola do testamento da dita
Oufemea Martines et outrosi en huna carta
por que o dito Gomes Mosqueiro
posera os ditos des mor. en cada huun anno porla
dita quarta parte das ditas casas, et o
dito Gomes Mosqueiro que estava presente
disso que era asi verdade e que o outorgava, a
qual clausola de testamento e carta eran
signadas do signal de Pero Lourenço notario
d’Ourense, as quaes logo mostrou ao dito
dean e vigario et as quaes cartas logo o
dito Iohan Anes levou para garda
de seu dereito, por ende pedio o dito Iohan Anes
capelan ao dito dean e vigario que por
sua sentença mandase ao dito Pero
de Sode que lle dese e pagase os ditos des mor. deste
anno pasado, et por esa misma sentença lle
mandase que lle dese e pagase a el e aos outros
capelaans que daqui endeante fosen da
dita capela de Santa Oufemea os ditos des mor.
en cada huun anno para senpre porla
quarta parte das ditas casas que asi
perteençen ao dito Gomes
Mosqueiro. Et o dito dean e vigario feso
pregunta ao dito Pero de Sode que
disia contra esto et o dito Pero de Sode en
respondendo aa dita demanda e contestando pleito
sobrela disso que negava ao dito Johan
Anes que nunca lle a dita Oufemea
Martines mandara os ditos des mor. por
las ditas casas, mais que llos mandara porlo
foro que ela avia daver das viñas da Looña,
et outrosi que non era tiudo de pagar os des
mor. deste anno pasado por quanto el nunca
ouvera aynda sua conta con o dito Gomes
Mosqueiro nen estava aviudo con el sobrelo
alugueiro da dita casa, et outrosi disso que
era verdade que ao dito Gomez Mosqueiro
por parte da dita Oufemea Martines cujo heree
el ficara que lle perteençia a quarta
parte das ditas casas en que el morava, et que
pois el mandava que os ditos capelaans
ouvesen porla dita quarta parte das ditas
casas que lle perteençia os ditos
des mor. en cada huun anno que elles que
os ouvesen et que reparasen e apostasen a dita quarta
parte das ditas casas por sua custa. Et logo o
dito dean e vigario disso que el vista a demanda
do dito Iohan Anes capelan et a resposta
e contestaçon e confeson do dito
Pero Anes de Sode et outrosi vistas a dita
clausola de testamento et a dita carta por
que o dito Gomes Mosqueiro mandou
que os ditos capelaans ouvesen porla sua
quarta parte das ditas casas os ditos des
mor. en cada huun anno et todo quanto as ditas
partes sobrelo quiseron diser e
rasoar, seendo en lugar de julgar por sentença
mandou que o dito Iohan Anes
capelan e os outros capelaans que daqui
endeante fosen da dita capela de Santa Oufemea
ouvensen daqui endeante para senpre en
cada huun anno porla quarta parte
das ditas casas que perteençe ao
dito Gomes Mosqueiro os ditos des mor. de
brancos en cada huun anno, et que o mais
que valuese ou desen de alugueiro en cada huun
anno porla quarta parte das ditas
casas que aquela mayoria e mellora fose do dito
Gomes Mosqueiro e de sua vos. Et deu por livre e por quite
daqui endeante ao dito Gomes Mosqueiro
e a todos seus beens e aos beens que lle
perteençen por parte da hereença
da dita Oufemea Martines para senpre
quanto por rason dos ditos des mor. que a
dita Oufemea Martines mandou aos
ditos capelaans et que o dito Iohan
Anes e os outros capelaans que porlo
tenpo fosen de Santa Oufemea ajan os
ditos des mor. porla quarta parte das
ditas casas segundo dito he. Et outrosi
mandou ao dito Gomes Mosqueiro que
dese e pagase logo ao dito Iohan Anes capelan
os ditos des mrs. deste anno pasado. Et por
sua sentença o mandou gardar todo asi. Dada foi
esta sentença en Ourense, des e seis dias
do mes de jullio, era de mill e quatroçentos
e viinte e huun annos. Tests. que
foron presentes Garçia Dias e
Estevo Gonçalves coengos d’Ourense
e Gonçalvo Peres da Fonteyña notario
d’Ourense e Afonso Gonçalves
Mal Degolado e Iohan Bravo moradores en Ourense
e outros.
Et eu Gomes
Peres notario publico sobre dito que
a esto que sobre dito he presente foi con
as ditas tests. e o escrivi et en esta carta
de sentença que ende delo dey ao dito
Gomes Mosqueiro que disso que lle
perteençia, meu nome e meu signal fis que
tal he en test. de verdade.
(sinal)