GMH/ÍNDICE A-Z

971
1420, febreiro, 13. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Fernández, clérigo do coro, e a dúas voces tres cuartos do muíño da Régoa, próximo á cidade, por renda anual o primeiro beneficiario de 12 marabedís e as voces 15 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 137 r.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos o dean, personas, coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o tesouro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et de consintimento et outorgamento de don Rodrigo Afonso, juyz de Lugo et amystrador do mes de janeyro por lo cabidoo da iglesia de Lugo, et de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que estan presentes et outorgantes, damos aforo et avervo a vos Afonso Fernandes de Teyxeyro, clerigo do coro da iglesia de Lugo, et a outras duas persoas despoys de voso finamento huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra persoa que seia aquela persoa que nomear aquela que por vos for nomeada, os tres quartos do moyno da Regoa que he en a agoa da Chanca çerca da çiudade de Lugo, dos quaes ditos tres quartos do dito moyno son os dous delles da dita amystraçon, et ho outro quarto son dos ditos anyversarios da dita iglesia de Lugo; o qual dito moyno he sub signo da Capela de Santiago da çiudade de Lugo, o qual vos ora teedes et usades a jur et a mao et en posison; et os quaes ditos tres quartos do dito moyno vos aforamos con todas suas entradas et saydas et agoas estantes et correntes et con todas las outras cousas perteesçentes a os ditos tres quartos do dito moyno, a a tal pleyto et condiçon que vos et as outras persoas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, tenades o dito moyno feyto et cuberto et moente et corrente et reparado et en boo paramento; et dedes et pagedes de foro et penson del en cada hun ano vos, o dito Afonso Ferrnandes, en vosa vida dose maravedis de moneda vella et de dineiros novees cada moravedi et de longos: oyto a o que tever a dita amystraçon et quatro a o que tever (sic) rendeyro dos ditos anyversarios, et as outras persoas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, que de et pague cada huna delas de foro et penson cada ano por los ditos tres quartos do dito moyno, quinse maravedis da dita moneda et de longos: des maravedis a o que for amistrador da dita amystraçon, et çinquo maravedis a o que for rendeyro dos ditos anyversarios, et que os pagedes vos et as ditas persoas de cada ano en salvo en a çiudade de Lugo por dia de San Martino de novembro; et con condiçon que as persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro que seian teudas et obligadas de vir mostrar en como fican persoas do dito foro et de o reçeberen do dito cabidoo do dia que en el suçederen et ficaren por persoas ata triinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asy que pergan o dito foro. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que o dito moyno fique feyto et cuberto et moente et corrente et as presas del feytas et ben reparadas a a dita amystraçon et aniversarios con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Afonso Ferrnandes, que presente estou por min et por las ditas persoas, que despoys de min suçederen en o dito foro, asy reçebo este dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, que me fasedes dos ditos tres quartos do dito moyno por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que en esta carta de foro he conteudo. Et nos, o dito dean, et cabidoo con consintimento dos ditos don Rodrigo Afonso, juyz, et Lopo Ferrnandes, coengo, que estan presentes asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso Ferrnandes, et para as ditas persoas depoys de vos, et outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Afonso Ferrnandes, con o selo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o tesouro da dita iglesia de Santa Maria, trese dias do mes de freveyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; dom Afonso Lopes, chantre de Lugo; dom Rodrigo Afonso, juys; Lopo Lopo (sic)  Dias, mestrescola; Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Rodrigo Ares, Juan Lopes, Fernan Rodrigues, Fernando Peres, Johan Dias, Ares Afonso, coengos; Fernando Ferrnandes, Fernando Rodrigues, Fernan Yanes, raçoeyros da dita iglesia; et Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo, ts.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.