GMH/ÍNDICE A-Z

973
1421, febreiro, 11. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Juan Azazalador, á súa muller e a unha voz casa e media na rúa do Campo por renda anual de 100 marabedís que debe pagar mensualmente.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 136 r.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento viren como nos o dean, persoas, coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal da dita iglesia, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Juan Açaçalador, vesino et morador en a çiudade de Lugo, et a vosa muller, Moor Ferrnandes, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, huna nosa casa que esta en a rua do Campo junta con outra casa de Gonçalvo Meendes, mercador, en a qual dita casa vos ora morades et [morou] Ares Afonso das Camoyras, dito Caruncho, con a meatade de outra casa pequena que esta junto con esta dita casa, et o dito Ares Afonso et Viviana Peres, sua muller, con ela tinan et usavan; as quaes ditas casas son sub signo da Capela de San Pedro desta dita çiudade de Lugo; a qual dita casa con a dita metade da dita casa pequena que esta junto con ela vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo perteesçen a os ditos anyversarios, a a tal pleito et condiçon que vos as reparedes et façades de todas las cousas que lle foren mester et neçesarias para elas seeren feytas et ben reparadas, et reparedes et façades logo et dedes ben reparado o sobrado grande da dita casa en que morades de todo o que lle for neçesario; et dedes et pagedes de cada hun ano por foro et renda das ditas casas çen maravedis de longos, et que os pagedes a o dito Lopo Ferrnandes, ou a aquel que for rendeyro dos ditos anyversarios, cada mes o que montar para que os destrebuyan a aqueles que foren residentes a a dita proçison; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas casas fiquen feytas et cubertas et portadas et ergidas et çarradas de taboados et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuias son, con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos. Et non as avedes de vender, nen deytar, nen desbaratar, nen faser delas outro tanto algun salvo seendo requerido o dito cabidoo se as quer tanto por tanto que outro vos por elas de. Et outrosy con condiçon que a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro seia teuda et obligada de o vir reçeber do dito cabidoo et mostrar como he foreyra del do dia que ficar por persoa ata hun ano primeyro seguente, et non no fasendo asy que perga o dito foro et seia vaco.

Et eu, o dito Juan Açaçalador, que presente estou por myn et por la dita mina muller et persoas, que suçeder en o dito foro, asy o reçebo de vos, o dito dean et cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a myn et a meus bees et da dita myna muller et persoa de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que se en esta carta conten. Et nos, o dito dean et cabidoo, con consintimento do dito Lopo Ferrnandes, coengo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Juan Açaçalador, et vosa muller et persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Juan Açaçalador, con o sello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, onse dias do mes de fevreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.
Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: dom Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Ferrnandes de Tendilla, tesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Dias, Rodrigo Ares, Fernan Peres, Fernan Rodrigues, Juan Dias, Afonso Rodrigues, coengos; Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Fernan Yanes, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).