GMH/ÍNDICE A-Z

982
1421, xuño, 7. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi Fernández, á súa muller e a unha voz unha casa na rúa da Ferraría, freguesía de San Pedro, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1335 nº 15, perg. orix., galego, cortesá, 305 x 250 mm.


       

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos o deam, personas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, avendo primeiramente nosso consello et deliberaçion, et de liçençia et outorgamento de Lopo Fernandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Roy Fernandes, pedreyro da obra da iglesia de Lugo, que estades presente, et a vosa muller, Moor Afonso, et a outra persoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, huna casa que he dos ditos aniversarios, que esta en a rua da Ferraria junto da huna parte con huna cassa dos andadores d’esta çiudade de Lugo, et da outra parte esta o carril que vay para a Tanaria, a qual en vos demeteu Taraisa Fernandes, muller de Pedro do Cavalo o vello, foreyra et posuydor que era do dito foro, a qual he sub signo da Capela de San Pedro desta dita çiudade de Lugo, a qual vos damos et aforamos a vos et a a dita vosa muller et persoa con todas suas entradas et saydas et jures et dereituras et pertenenças, a tal pleito et condiçon que vos façades et reparedes a dita casa de todo o que lle feser mester et ha tenades feyta et ben reparada, et lle façades hun balcon escontra o seydo das ata tres [...] et se vos algun sobre elo enbargar que nos, o dito cabido, vos defendamos sobre elo a dereito, senon en outra maneira non seiades obligado de a fazer; et dedes et paguedes vos [...] o dito Lopo Fernandes, ou a outro que for moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios, seys moravedis de moneda vella et de longos cada ano por dia de San Martin de novenbro, que os paguedes en a moeda que se pagaren os outros foros da iglesia de Lugo; et outrosy con condiçon que a pustrimeyra persona que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de o viir reçebir et mostrar a o dito cabidoo como ficou et he foreyra et persoa del do dia que en el ficar et suçeder por persona ata trinta dias primeiros seguentes, et non no fazendo asy que perga o dito foro. Et a finamento da pustremeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que a dita casa fique feyta et cuberta et portada et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuia he, con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu o dito Roy Fernandes, pedreyro, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, por la maneiras et condiçoes sobreditas para min et para a dita mina muller et persoa, et obligo meus beens et seus de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneira que dita he. Et nos, o dito dean et cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iusso scripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en un thenor huna para vos, o dito Roy Fernandes, pedreyro, et vosa muller et persoa et outra ha lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal.

Que foy feito et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, sete dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et vynte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Johan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, maestrescola; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesorero; Lopo Fernandes, Johan Lopes, Afonso Teyxeyro; Johan Dias, Afonso [...], coengos, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro fis escripvir et puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.