GMH/ÍNDICE A-Z

341
1358, agosto, 20
venda

Costanza González e as súas irmás Elvira e Inés véndenlle a Lopo Rodríguez de Sabadelle todas as súas herdades en Nogueiroa (San Miguel do Campo), por 100 libras.

(O documento, en pergamiño, vai cosido a unha folla de papel, referente a un preito polo dito lugar de Nogueiroa, escrito en letra procesual, sen datar pero por tanto de finais do s. xv, que no seu reverso leva un apuntamento descontextualizado en letra cortesá).

ACOu, Escrituras X, 28


Sabeam quantos esta carta viren que eu Costança Gonçalves filla de Costança Garçia que foy e moradeira enna freguisia de Santa Marta de Belle, con outorgamento e liçençia de Affonsso Gomes meu marido que he presente e outorgante, por min e en nome de Elvyra Gonçalves e Eynes Gonçalves miñas yrmaas, as quaes prometo de dar outorgamento desta carta su obligaçon de todos meus beens que para ello obligo que ellas que o aian por firme e por estavyl, vendo para senpre e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues escudeyro morador enna freguisia de Sam Martiño de Sabadelle de terra d’Aguiar, todos quantos herdamentos de pam e para pam e cassas e arvores e terreos e cortinas et outros herdamentos e arvores quaes quer que eu e as ditas miñas yrmaas avemos e nos perteençe e perteençer deven commo quer e en qual quer maneira enna freguisia de Sam Miguell do Canpo no lugar que chaman Nugueyroaa hu quer que elles vaan a montes e a fontes, con entradas e seydas e con todos seus dereitos, jures e perteenças. Et que vos façan dos ditos herdamentos e arvores e por elles e por cada huun delles aquelles foros e dereituras que nos por elles am de fazer. Et os quaes vos vendo para senpre por preço çerto que a min e a vos aprouvo de me por elles dardes, conven a saber çem libras de diñeiros brancos desta moeda hussavyl que ora corre de que contan xl pares por tres libras, de que fezestes paga en diñeiros feytos a min e ao dito Affonso Gomes meu marido en diñeiros feytos e de que nos outorgamos por entregos e ben pagados et os avemos ia todos ben e conpridamente en noso jur e poder et de que nos outorgamos por entregos e ben pagados en presença do notario e testemuyas adeante scritas, et renunçiamos aa exçepçon de nunumerata pecunia. Et os ditos herdamentos e coussas que vos eu vendo mays valen ca esta contia, renunçio que me non possa chamar a engano ninhuun por min nen outro en meu nome. Et para vos e toda vossa voz seerdes anparados e deffesos para senpre a dereito con esto que vos vendo, obrigovos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito Affonso Gomes por min obrigovos todos meus beens gaañados e por gaañar, et logo todo jur, dereito e posisom, señorio e voz e auçon que eu e as ditas miñas yrmaas e nosa voz nos sobre ditos herdamentos e cousas sobre ditas e en cada huna dellas avemos e nos perteençe e de dereito poderia perteençer commo quer e por qual quer rason, todo o tiramos de nos e de toda nosa voz para senpre e por esta presente carta vos metemos eu e o dito meu marido no jur e na posisom dos ditos herdamentos que os aiades daqui endeante para senpre. Pero he posto ontre nos e vos o dito Loppo Rodrigues que fazendo vos nos ou outro por nos paga destas çen libras deste dia que vos esta carta fasemos ata dous annos conpridos primeiros que se seguiren, que vos o dito Loppo Rodrigues que façades venda dos ditos herdamentos a min ou a miña voz sem outra condiçon e revolta ninhuna. Et eu o dito Loppo Rodrigues que soon presente por min e por toda miña voz assy reçebo de vos os sobre ditos Costança Gonçalves e Affonso Gomes voso marido os ditos herdamentos e cousas sobre ditas en venda para senpre pela pustura sobre dita. Et para o asy conprir e aguardar obrigovos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et de mays nos os ditos Costança Gonçalves e Affonso Gomes poñemos en penna que quen quer da nossa parte ou da estraia que vos contra esta carta veer en parte ou en todo que aia a ira de deus e a nossa maldiçon et peyte a vos ou a vossa voz por penna o preço doblado e aa voz del rey outro tanto, et a penna pagada ou non que esta carta e venda fique firme para senpre commo dito he. Esto foy en Ourense, viinte dias do mes dagosto, era de mill tresentos e noveenta e seys annos. Testemoyas que a esto presentes foron Domingo Affonso morador en Ourense na rua dos Çapateiros, Johan Vaasques e Aras Peres escudeiros naturaes da terra d’Aguiar e Domingo Martines morador en Sabadelle.

Et eu Viçente Suarez notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto chamado presente foy e o escrivy e meu nome e sinal aqui fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das erdades que’stan nu lugar de Nugeyroa que he na friguesia

de San Miguell do Canpo.

[segunda metade do s. xv, en papel]

As quaes ditas cartas asy presentadas e liudas o dito Lourenço Yanes poso sua demanda por palavra contra o dito Pero Lourenço disendo que commo el tevese en renta por lo dito cabido podeeria aver çinqo ou seys annos o lugar de Nugeyroaa que fora dado ao dito cabido porlo dito Lopo Rodrigues et o dito Pero Lourenço tragia çertas herdades das quaes diso que lle devia çerto foro que poderia montar cadauun anno quatro fanegas de çenteo a quinse mrs. por cada fanega que pedia ao dito vigario que llas mandase pagar. Et logo o dito Vasco de Ribela que diso que a el perteençia o dito foro e ao non ao dito cabido e que se fasia del autor e que estava en posison de o levar de çinqoeenta annos a esta parte e mays tenpo el e sua avoa a moller - - - moller de Fernando Afonso de Belle, et que lle posesen a demanda por escripto e termio de dereito a que respo[n]dese. Et logo o dito vigario diso que reçebya o dito abtor e que mandava ao dito Lourenço que trouxese a demanda por escripto, et que mandava dar o traslado de todo ao dito Vasco de Ribela e termio de nove dias a que respo[n]dese. Tests. Ares de Lalyn, Afonso (Yanes) coengos.

Et despoys desto eneste dito dia enna tenda de min o dito notario Fernando Afonso de Belle en nomme de sua moller feso seu procurador abastante en dito negoçio ao dito Vasco ao dito Vasco de Ribela para que enno dito negoçio podese respo[n]der e diser e alegar todo aquelo que fose garda e defenson do dereito da dita sua moller su obligaçon dos beens que dela que para elo obligou e o dito Vasco de Ribela diso que eso meesmo outorgava outro tal poder ao dito Fernando Afonso para que en seu nomme podese diser e alegar e respo[n]der todo aquelo que fose garda e defenson de seu dereito su obligaçon de seus beens que a elo obligou. Tests. Gonçalvo Fernandes de Feramontaaos e Vasco Lopes de Chantada e Gonçalvo Peres de Alongos.

[reverso] (...) vigario do deadego da dita igleia para don Pedro Ares de Vaamonde dean da dita igleia (...) clerigo da igleia de Ramill.