GMH/ÍNDICE A-Z

D36
1459, marzo, 19
Afonso Enríquez, escribán do rei, demanda a Pedro, ferreiro, os 900 mrs. que lle debe pola compra dunha viña, que este recoñece, pero esixe a restitución da viña; os xuíces sentencian respectivamente o pago e a restitución. (fol. 12-12v)

Afonso Anriques et (Gomes d’Asperante)* e Pero ferreiro.

Enna çidade d’Ourense, des et nove dias do mes de março anno domini Mº CCCC LIX annos, enna Praça do Canpo, sendo y presentes en audiençia publyca a ora da terça oyndo os pleytos Vasco Gomes et (Afonso Anriques)* et Gomes de Mugares juises da dita çidade, en presença de min o notario et tests. de juso escriptos, paresçeron y ante elles en juiso da huna parte Afonso Anriques escripvano del rey vesiño da dita çidade et outra parte Pero ferreyro vesiño outrosy da dita çidade, logo o dito Afonso Anriques poso sua demanda por palabra et demandou ao dito Pero ferreiro disendo que en como el vendera ao dito Pero ferreyro, como conpridor e testamentario que ficara de Alvaro Afonso despenseiro, huna leyra de viña de triinta cabaduras pouco mays ou menos, que jas enno val da Loona, que foran do dito Alvaro Afonso, por mill mrs. vellos, dos quaes diso que tina (en sy os)* et reçebera en pago da dita viña çen mrs. vellos et que lle devia noveçentos, et que pedia aos ditos juises que por sua sentença defenetiva lle mandasen pagar os ditos noveçentos mrs. ficavalles (fol. 12)
con as costas dereytas. Et logo (...)ro diso que era verdade que conprara (...) de viña ao dito Afonso Anriques por(los) ditos mill mrs. et que lle pagara en p(...) ela os ditos çen mrs. et que lle devia (os) ditos noveçentos mrs. et que era prestes (de) llos pagar con tanto que lle fesese saan et de pas a dita leyra de viña, por quanto diso que avya dous annos que lle vendera et levara novidade dela et agora teendoa podada et cabada que se fora a ella Diego de Paaços vesiño da dita çidade et que lle tomara a dita viña por força et contra dereito, et que pedia aos ditos juises que por sua sentença defenetiva lle mandasen que lle fesese saan et de pas a dita viña et lla fesese restetuyr et tornar sua viña et o defendese con ela et que era prestes de lle pagar os ditos DCCCC.- Et logo os ditos juises diseron que visto todo o sobre dito, diseron que mandavan ao dito Pero ferreiro que doje a IX dias primeiros sigentes dese et pagase ao dito Afonso Anriques os ditos DCCCC.- que (lle asy devia)* confesava que lle devia de conpra da dita viña et que mandavan ao dito Afonso Anriques por sua sentença defenetiva (ao dito Afonso)* que fesese saan et de pas a dita leyra ao dito Pero ferreiro et que o defendese con ela a dereito, et as partes consentiron. Tests. que foron presentes Pero Fernandes notario, Fernando Lopes et Joan de Caldellas, Gomes de Ribadiso, Pero Ares prateyro, vesiños da dita çidade. (fol. 12v)