GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

783
1378, xuño, 8. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Tinoso e á súa muller e a unha voz unha casa no lugar do Curral, próximo á rúa Travesa, por renda anual de 20 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 96v. Galicia Histórica, t. I, n.º 6, 1902, p. 361.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo con outorgamento de Garçia Rodrigues, clerigo, procurador dos anyversarios da dita iglesia, afforamos a vos Affonso Tinosso, carnyçeyro, et a Sancha Ferrnandes, vossa muller, et a huna perssoa qual nomear o postrimeyro de vos, [a cassa] que he dos ditos anyversarios, que esta enno lugar chamado do Curral que esta açerca da rua Travessa, a qual cassa esta entre la cassa de [...] et dos proves vergonçossos da huna parte, et a cassa de Thereyia Rodrigues, muller de Pedro Domingues, demandador, da outra parte; por condiçon que a [faç]ades a cassa et façades et reparedes d’aquelo que en ela esta por faser en maneyra que fique adubada et feyta a a dita iglesia a morte da dita pustrimeyra perssoa con todos los boos paramentos que en ela foren feytos. Et vos et a dita persoa avedes a dar, de cada anno, por foro della a o procurador dos aniverssarios viinte soldos desta moneda ussual por dia de Natal.

Et eu, o dito Affonso Tinosso, que estou pressente por min et por la dita minna muller et por la dita persoa, assy reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, et obligo por todos meus beens et seus delles de o comprir, segundo sobredito he.

Et nos, o dito cabidoo, assy vos outorgamos o dito foro.

Feyto foy esto en Lugo, oyto dias de junyo, [era] de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayam; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Pero Ares, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomes, Fernando Peres, Ares Peres, Affonso Ferrnandes, Tomas Gomes, coengos, Affonso Eanes et Alvaro Ferrnandes, raçoeyros de Lugo; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Fernando Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas pressente foy, et a rogo das ditas partes aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.