GMH/ÍNDICE A-Z

609
1355, marzo, 9. Lugo
Fernando Arias e a súa muller entréganlle ao bispo de Lugo os casais de Abuín, na freguesía de Santa María de Casa de Naia, e outras propiedades en Santa Cristina, San Pedro de Requeixo e Santa María de Arcos, que lles pertencen por Henrique Sánchez. Deseguido, o bispo concédelles en precario, durante a súa vida, estas e outras propiedades.
 MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 47v.

Era de mill et tresentos et noveenta et tres annos, nove dias de março. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Fernan Aras de Tavoada que estou presente por min et por minna muller, Eldonça Peres, porque obrigo a façer, desenbargome et quitome para senpre iamays a vos dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et confessor do moy nobre sennor rey dom Pedro, et a a vosa iglesia, dos casares d’Aboyn con sua poussa, os quaes son sub signo de Santa Maria de Cas da Naya, et das outras herdades que eu trago sub signo de Santa Christipna et de Sant Ppedro de Requeyxo et de santa Maria d’Arcos; os quaes casares et poussa et herdades son vosos, o dito sennor obispo et da dita vossa iglesia, a que perteesçe de os aver por rason que foron de Anrreque Sanches que as deu a a dita vosa iglesia a pus morte de dona Luca; et des oie este dia avede vos, o dito sennor obispo, et a dita vosa iglesia os ditos casares et poussa et herdades livres et quitas et desenbarguadas de nos et de toda nosa vos, et se as des aqui endeante tevermos, todas ou parte dellas, connosçemos que as teemos et possuymos por vos et polla dita vosa iglesia precario.

Et nos, o dito sennor obispo, assy os reçebemos por esta presenta carta et iur et possison delles para nos et para a dita nossa iglesia cuios som, et por quantos vos, o dito Fernan Aras, et a dita vosa muller, Eldonça Peres, nos desenbarguades os ditos casares et poussa et herdades, que sabedes que son nosas et da dita nosa iglesia, et nos non queredes sobrelo meter a juyso, por vos façer mersee et por serviço que atendemos de vos, damos-vos que tenades de nos et da dita nosa iglesia en toda vosa vida d’anbos, et de cada hun de vos, as ditas herdades que foron do dito Anrrique Sanches, que tevo dona Luca en sua vida, que son sub os ditos signos de Santa Christipna et de Sant Pedro de Requeyxo et de Santa Maria d’Arcos, et damos-vos mays que tennades de nos et da dita nosa iglesia en prestamo en vida d’anbos, et de cada hun de vos, o nosso cassal de Adulffe en que ora mora Iohan Domingues, et o casal de Sant Iullao d’Eyree et o casal de Requeyxo, segundo que os teen de nos arrendados Pedro Martines da Pugeda et Monin Ferrnandes, os quaes casares et herdades vos damos con seus foros et dereyturas. Et eu, o dito Fernan Aras, que presente estou por min et por la dita minna muller, Eldonça Peres, assy reçebo de vos, o dito sennor obispo, a merçee et bem que me fasedes dos ditos casares et herdades et connosco que as tenno de vos et da dita vossa iglesia que mas dades, que som de vosa messa, et que as husso et possuyo por vos, et obligo min et todos meus beens, movilles et rayses, de lavrar et parar ben as ditas herdades et casares et de os manteer en boo estado, et as cassas dos ditos casares et das ditas herdades et coydo-vos los a servir; et a a morte de min, o dito Fernan Aras, et da dita minna muller as herdades sobreditas, que son sub os ditos signos de Santa Christipna et de Sant Pedro et de Santa Maria d’Arcos, et casal de Adulffe et de San Iullao de Requeyxo, han de ficar livres et quitas et desenbarguadas a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia con as cassas feytas et en bon paramento, et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos. Et vos, o dito Fernan Aras, et a dita vossa muller, Eldonça Peres, non avedes a vender nen a subpinnorar nen eallear estas ditas herdades et casares, nen parte delles, a cavaleyro nen a escudeyro nen a dona nen a outro home nihun, et se por ventura vos, ou a dita vosa muller, quisserdes vender ou eallar ou subpinnorar ou dar, ou parte das ditas herdades et cassares, que por esso miismo pergades a merçee que vos fasemos, et outrossy se fillos de Lopo Sanches de Hulloa, ou de Vaasco Ferrnandes Luca, veeren a demandar estes ditos casares et poussa d’Aboyn et herdades que foron do dito Anrrique Sanches, ou outros quaesquer que por parte de dona Luca, et os de nos et da dita nosa iglesia vençeren por dereyto, que vos o dito Fernan Aras et a dita vosa muller que nos desenbarguedes os ditos casares et herdades, de que vos façemos merçee por vosa vida segundo dito he. Et non nos llos querendo demandar por dereyto elles ou cada hun delles et quarendo no llos tomar por força, ou parte delles, que vos, o dito Fernan Aras, que nos aiudedes a defendellos por vos et con aquelles que vos ouveron de aiudar, et non no façendo assy que por essa miisma rason pergades a dita merçee que vos façemos do dito cassal et herdades.

Et eu, o dito Fernan Aras, que pressente estou assy o outorgo. Et nos, o dito sennor obispo, assy vos outorgamos a dita merçee et por esta condiçoes sobreditas. Et que esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, et Fernan Aras rogamos et mandamos a Roy Gonçalves, raçoeyro, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor, huna para nos, o dito sennor obispo, et outra para vos, o dito Fernan Aras.

Que foron feytas en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas que a esto presentes foron: Fernan Dias d’Aguiar; frey Iohan, companeyro do dito sennor obispo; Iohan Affonso, raçoeyro; Vaasco Ferrnandes de Mera; Lourenço Peres de Insoa, clerigo; Fernan Ferrnandes de Deral; Aras Ferrnandes, camareyro do dito sennor obispo, et outros.

Et eu Roy Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, con as ditas testemoyas a esto presente foy et a pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escripvir, et puge y meu signal en testemoyo de verdade.