GMH/ÍNDICE A-Z

409
1379, decembro, 16
sentenza

Sentenza pronunciada polo vigairo do bispo pola que se condena ao notario Gonzalo Pérez, dito Sardiña, foreiro dunha casa que pertencera ao tesoureiro Xoán Pérez, a pagarlles aos clérigos do coro 10 mrs. anuais que o devandito tesoureiro lles debía.

ACOu, Clérigos do Coro, 112

Sabean quantos esta carta de sentença viren que en presença de min Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia dese lugar (e das) tests. adeante escriptas paresçeron en juyso ante dom Vaasco Peres mestrescola e vigario geeral do onrrado padre e señor don Garçia (porla graça de) deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, Afonso Fernandes capelan da capela de Santa Oufemea et Gonçalvo Gonçalves capelan da capela de Santa Maria a Madre, procuradores da universidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense en nome da dita universidade da huna parte et Gonçalvo Peres dito Sardina notario por sy da outra. Et logo os ditos procuradores en nome da dita universidade moveron sua demanda por paravoa por ante o dito vigario contra o dito Gonçalvo Peres Sardyna disendo que commo Johan Peres tesoureiro que foy desta dita igleia d’Ourense en seu testamento mandase para senpre aa dita universidade dos clerigos do coro (en) cada anno por dia de kalendas janeiras des mor. de diñeiros brancos de des diñeiros cada mr. et que eles que lle dissesen huna misa cantada por sua alma de cada anno et commo Pero Anes d’Allaris criado do dito Johan Peres teso[u]reyro ficase seu heree en todos seus beens, et o dito Pero Anes por rason da dita herença que proveo do dito tesoureiro devese aa dita universidade os ditos des mrs. destes çinqo annos pasados et deste anno que agora anda llos non desse nen (pagase) et commo o dito Gonçalvo Sardyna tena e pesuya aforadas do dito Pero Anes heree sobre dito hunas casas que estan en Ourense enna rua dos Arçidiagos que foron do dito Johan Peres tesoureiro, por las quaes disian que o dito Gonçalvo Sardina ha de dar cada anno de foro viinte libras de diñeiros brancos et estes procuradores en nome da dita universidade posesen en couto e testasen ao dito Gonçalvo Sardina enno dito foro que devia e ha de dar ao dito Pero Anes, et commo a dita testaçon fora feita pasados eran os nove dias e viinte dias e moyto mays tenpo et o dito Pero Anes non veese nen recudise aa dita testaçon nen na alçase (con fiador segundo) o dereito quer. Por ende os ditos procuradores pediron ao dito Gonçalvo Sardina que pelo dito foro que a de dar ao dito Pero Anes por las ditas casas que lles dese e pagase para a dita universidade os ditos des mor. que disian que lles o dito Pero Anes por la dita rason deve dos ditos çinqo annos e des mor. deste anno que agora anda que som assi seseenta mor. da dita moeda, et que lles dese e pagase daqui endeante de cada anno porlo foro que ha de dar ao dito Pero Anes das ditas casas porlo dito dia de kalendas janeiras os ditos des mrs. que lles o dito Pero Anes avia de dar por rason da dita herença. Et pediron ao dito vigario que asi llo mandase por sentença. Et o dito vigario preguntou ao dito Gonçalvo Sardina que disia contra esta demanda que lle os ditos procuradores fasian, et o dito Gonçalvo Sardina en respondendo aa dita demanda e constestando pleito sobrela disso que verdade era que el que ten aforadas do dito Pero Anes as ditas casas que estan enna dita rua dos Arçidiagos et que lle ha de dar de cada anno por elas de foro as ditas viinte libras. Et disso outrosi que verdade era que os ditos procuradores en nome da dita universidade que lle feseran a dita testaçon et que pasava por nove dias e mays segundo que eles desian. Et disso que faria sobresto o que o dito vigario achase por dereito. Et enton o dito vigario vista a dita demanda dos ditos procuradores da dita universidade et vista a resposta e confesson do dito Gonçalvo Sardina, seendo en lugar de julgar por sentença mandou ao dito Gonçalvo Sardina que porlo dito foro que devia e ha de dar ao dito Pero Anes heree sobre dito das ditas casas que dese e pagase aos procuradores en nome da dita universidade os ditos seseenta mrs. que desian que lles o dito Pero Anes devia dos ditos çinqo annos pasados et deste anno que agora anda segundo dito avian. Et asinoulle termio a que lles dese e pagase ata dia de kalendas janeiras primeiras que been. Et outrossi lle mandou porla dita sentença que daqui endeante en quanto montase o tenpo do aforamento das ditas casas o dito Gonçalvo Sardiña tiña do dito Pero Anes que dese e pagase cada anno aa dita universidade por lo dito dia de kalendas janeiras os ditos des mor. que lles o dito Pero Anes por rason da dita hereença devia e avia de dar et que os descontase ao dito Pero Anes do foro que avia de faser das ditas casas, et para o dito Gonçalvo Sardina seer quito e relevado sen perda e sen danno por rason destes seseenta mrs. do tenpo pasado que avia de dar e pagar por nome do dito Pero Anes aa dita universidade os ditos procuradores deron por fiador a Rodrigo (Afonso) dito Copello clerigo do coro da dita igleia que he presente e outorgante et a todos seus beens aa dita fiadoria. Dada foy esta sentença en Ourense, des e seys dias de desenbro, era de mill e quatroçentos e des e septe annos. Tests. que presentes foron Garçia Dias coengo e Estevo Peres notario d’Ourense e Johan de Santome e Gonçalvo Rodrigues da rua d’Oobra moradores em Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Peres Seyxalvo notario sobre dito que a esto que dito e presente foy e en miña presença o fis escripvir e meu nomme e signal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)