GMH/ÍNDICE A-Z

79
1433, novembro, 12

María de Portas, viúva de Juan de Portas, moradora en Pontevedra, por canto está vella e enferma e non pode atende-los seus bens, fai concerto co seu xenro Rui Martis Touriño para que administre os seus bens e a manteña mentras viva.

(ff. 36-37)

Dose dias do dito mes. Sabean todos que en Maria do Portas, moller que foi de Juan de Portas, cuja alma Deus aja, besiña et morador da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrenguda por força nen por engãno deçebuda mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que, por quanto eu soo vella et enferma de diversa infirmidade tal que me non poso levantar de cama salvo se me levanta outra persona, como quer que con esto temo mĩa raçon et por rason da dita infirmidade ninhũu // (roto) meus bẽes movles et reyses, por rason delo et por mingoa de procuramente et aministraçon, se perden et van a delapitaçon, por lo qual ouve de faser conperamento firme por senpres convosco Rui Martis Touriño, barveiro, vesiño da dita villa, meu jenrro, que sodes presente, en este guisa: que vos o dito Rui Martis, por os ditos meus bẽes asy movles como reyses, et por vosa custa, me mantenades et governedes en toda mĩa vida de aquelo que a meu estado fose mester et que, ao tempo de mĩa morte, façades sepultar et enterrar meu corpo onrrosamente, et que por esto que vos podesedes aver et herdar os ditos meus bẽes asi movles como rayses et aministrarlos et procurarlos et fazer deles toda vosa libre boontade, como de bosa cousa propia, asi en satisfaçon do manteemento et procuramento que me asi avedes de faser como de çerta contia de mrs. que vos ja devo et soo obligada, que me destes et enprestastes para meu manteemento antes desto. Por ende, eu a dita Maria de Portas, de mĩa livre et propia voontade et por la mellor via et maneira que poso et devo con dereito, quero et outorgo que vos, o dito Rui Martis, por la via suso dita, posades aver et herdar et aministrar et procurar os ditos meus bẽes asi movles como raises et entrarlos et resçeberlos, a donde quer que os eu aja et a mĩ perteescan de aver et herdar de dereito et faserdes deles et en elles toda vosa livre voontade como de bosa cousa propia, et outorgo et quero que eu non posa vender nen enpẽnar nen allear nen trasmudar nen mandar nen doar os ditos meus bẽes movles et raises, nen parte deles, a persona algũa sen mandado et liçençia de vos o dito Rui Martis en todo tenpo de mĩa vida nen ao tenpo de mĩa morte, por manda nen por codecilo nen por outro contrabto algũu; et eu renunçio et dou por ninhũas quaes quer mandas, codeçilos ou outros contrabtos que antes desto ouvese feito en contrario desto, que quero que non vallan en juiso nen fora del, et fasendo o contrario delo que non valla o que ende feser. Et eu o dito Rui Martis, que asi soo presente, asi o resçebo, et prometo et outorgo que eu procure et aministre a vos, a dita Maria de Portas, et bos de manteemento segundo boso estado por lo dito tenpo da dita bosa vida et, ao tenpo da dita bosa morte, que honrrosamente faça sepultar et enterrar o voso corpo donde bos mandardes, et susuba et page as // misas et esequias que vos de meu consentimento mandardes dizer por vosa alma (roto) como dito he deve de seer conprido et agardado ontre nos os ditos Maria de Portas et Rui Martis et nosas vozes aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes movles et reises que a elo obligamos, et por juramento que ende fasemos en este signal de crus en lugar de Santos avangeos de Deus, et so pena de dez mill mrs. de boa moeda, que peite a parte de nos que o asi non tover et conprir et agardar aa outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et agardaren; et, a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Que foi feito na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Rui Peres de Santa Clara, Juan Varela, besteiro, moradores ẽna dita villa de Pontevedra et outros.