GMH/ÍNDICE A-Z

147
1323, xuño, 22
foro

O cabido afóralles a Vasco Fernández, baldreeiro, e á súa muller, Dominga, unha viña en Pena Lontreira por 50 libras de diñeiros portugueses.

ACOu, Escrituras XII, 46

(...) que eu dom Johan Rodrigues chantre e vigario de dom Vaasco Perez (...) a vos Vaasco Fernandez baldreeiro e a vossa moller Do(minga ...) de viña que o dito cabidoo ha en Pena Lontreira, a qual (...) en vida de vos anbos, e a lavredes e paredes bem en ma(neira ...) boon paramento, et dedes cada anno en salvo ao dito cabidoo nom enbargante (...) ao que tever o mes d’Ervedello çinqoeenta libras de portugueses de que contan xlº pares de (...) en huso e despois que nom correren diñeiros portugueses em Ourense chaamente assy commo (...) tever o dito mes viinte libras de diñeiros brancos da moeda del rey don Fernando, et (...) en ella (...) a carreira se o aynda y non fezestes dellas figueiras ata o muro do arçidia(go ...) et se os coengos (...) muro que o façades. Et se por ventura entre vos e o cabidoo recreçer contenda (...) termii por dous ommees boons (...) sospeita, sen ninhuna apellaçon. Et para esto assy conprir o dito Vaasco Fernandes e sa moller obligaron si (...) beens gaañados e por gaañar. Et se por ventura o dito Vaasco Fernandes e sa moller quiseren (...) ou parte della no tenpo sobredito que a vendam ou obligen ante ao dito cabidoo ca a outre (...) non quiser reçeber venduda ou obligada enton a vendede ou obligade a atal ome que seia (...) cunpla (... pa)gue todas as cousas e cada huna dellas que vos sodes tiudos a conprir. Et se as condiçoens da dita carta nom foren agardadas commo dito he que o cabidoo possa tomar a dita viña commo a achar se quiser. Et o dito c(h)antre obligou todos os beens do dito cabidoo para anparar o dito Vaasco Fernandes e a dita sa moller a dereito com a dita viña no tenpo sobredito. Et desto as ditas partes pidiron a min chançeller que lle desse desto senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita a carta em Ourense, viinte e dous dias de juyo, era de mill e trezentos e seseenta e huun anno. Testimuyas que a esto presentes foron Lourenço Periquiño dobleiro d’Ourense, Lourenço Dominguez clerigo, Martin Dominguez odreiro, Gonçalvo Eanes beesteiro e Lourenço scrivan de Affonsso Viviaez.

Et eu Affonso Viviaez coengo de Ourense que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

sinal