GMH/ÍNDICE A-Z

401
1376, xullo, 26
foro

Gómez Pérez, clerigo do coro e capelán da capelanía que fundou o arcediago Paio Sabastáns, afóralles a perpetuidade a Gonzalo Iáñez, ourive, e á súa muller, Costanza Iáñez, a Gonzalo Iáñez, aparellador, Rodrigo Ares, xastre, e á súa muller, Dominga Iáñez, e a Gonzalo Iáñez e á súa muller, Dominga Iáñez, nas correspondentes cuartas partes, unha seara de viña no Couto, por cuarta ao bispo e a el 12 libras.

ACOu, Fábrica II, 633

Sabean quantos esta carta viren que eu Gomes Peres clerigo do coro da igleia d’Ourense e capellan da capella do Couto que ordenou Payo Savasthaans arçidiago que foy, por liçençia et outorydade de don Garçia Rodrigues dean da igleia d’Ourense e vigario geeral enno espiritual e tenporal do onrrado padre e señor don Martiño porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que he presente e outorgante, dou e outorgo a foro para senpre a vos Gonçalvo Anes ourives morador en Ourense enno Canpo e a vossa moller Costança Anes que non esta presente enna quarta parte et a vos Gonçalvo Anes aparellador yrmao da dita Costança Anes enna outra quarta parte et a vos Rodrigo Ares alffayate e a vosa moller Dominga Anes enna outra quarta parte et a vos Gonçalvo Anes e a vosa moller Maria Anes enna outra quarta parte et a todas vossas voses para senpre huna seara de viña que a dita capella ha e lle perteençe, que esta enno Couto daquel cabo o rigueiro, a qual seara demarca da huna parte por viña que agora pesue Fernan Soelleiro que he foreira aa obra de San Martiño e con (outra) viña de Ouffemia (Sanches) moller de Rodrigo de Montes que he foreira aa dita obra et en çima topa enna congosta vella que vay para o Couto et topa enna outra leira de viña que ten a dita Ouffemia (Sanches e) jas aa seida da congosta et commo topa en huna riba e en huna figueira alvar que esta enna cabeça da dita seara et de sy commo ven a dereito da dita figueira para a viña que foy de Joan Fernandes o avogado que vos agora o dito Rodrigo Ares lavrades et de sy commo entesta en fondo en outra viña que vos agora o dito Gonçalvo Anes lavrades que foy de Johan Fernandes o avogado et vay ferir en fondo enno dito rigueiro do Couto. Aforovos a dita seara de viña segundo que he demarqada con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças sub tal condiçon que vos e cada huuns de vos e vosos suçesores que a dita seara de viña herdaren que a lavredes e paredes ben en tal maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et façades dela ao bispo d’Ourense foro de quarta que por ela ha daver, pero se for achado que alguna parte desta viña he disemo a deus da dita capela e non foreira ao bispo que façades dela foro de quarta aa dita capela segundo avedes de dar ao bispo da outra, et dedes ende a min e a meus suçesores que porlo tenpo foren teendores da dita capela en cada huun anno en salvo porla festa do Natal dose libras de diñeiros brancos desta moeda de noso señor el rey que agora corre contados xx soldos por libra cada (huun deles) tres libras et disemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo, çensso e encarrego alguun, pero he posto que en estes dous annos primeiros segentes que non pagedes o dito foro das ditas dose libras por quanto as ditas viñas estan danyficadas. Outrosi he posto que se porla ventura vos ou cada huun de vos ou vossas voses quiserdes vender, obrigar, deytar ou sopenorar a dita seara de viña ou parte dela primeiramente devedes requerir sobrelo a min ou a meus suçesores que porlo tenpo foren teendores da dita capella e nola dedes porlo justo preço que outro por elo der, et se porla ventura eu ou meus suçesores a non quisermos por lo dito preço enton a vendede, deitade ou sopenorade a atal pesona que seia semellavil de vos que lavre e pare ben e pague e faça e cunpra e agoarde todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas segundo vos soodes tiudos e obrigados. Et nos os sobre ditos Gonçalvo Anes e Garçia Anes e Rodrigo Ares e Gonçalvo Anes que somos presentes asi o outorgamos e reçebemos en nos a dita seara de viña aforada porla maneira e condiçoens que ditas son et obrigamos todos nosos beens gaanados e por gaanar para a lavrar e parar ben e pagar e faser e conprir e agoardar todas las cousas que ditas son e cada huna dellas cada huun de nos enna quarta parte segundo sobre dito he. Et eu Garçia Rodrigues dean e vigario sobre dito por quanto soon çerto que a dita seara de viña esta danyficada e mal lavrada et por quanto outrosi reçebi juramento aos santos avangeos do dito Gomes Peres se este aforamento que fasia da dita viña aos sobre ditos era prol e boon paramento da dita capela e dos capellaens dela, et el porlo dito juramento me disso e feso fe que entendia que era boon paramento e prol da dita capella e dos capellaens que porlo tenpo fossen, por quanto a dita viña estava erma e danyficada por mingoa e nigrigençia do capellan seu anteçessor que foy que a leixara erma e por lavrar, et este Gomes Peres non avya beens da dita capela por que a podesse lavrar nen reparar, et por que outrossy non achava quen lle por ela mays desse de foro nen prometesse que os sobre ditos. Por ende eu porlo poder ordenario da vigaria que teño, dou poder e outoridade e liçençia ao dito Gomes Peres para que posa aforar a dita seara de viña aos sobre ditos por las ditas dose libras cada anno et ontrepoño degredo ao dito aforamento e mando que valla e aja firmydume asy e enna maneira que he feito. Et eu o dito Gomes Peres porla autoridade do dito vigario obrigo todos los beens da dita capella para que vos os sobre ditos Gonçalvo Anes e Garçia Anes e Rodrigo Ares e Gonçalvo Anes e vosos suçessores seiades deffesos e anparados senpre a dereito con esta seara de viña que vos aforo segundo sobre dito he, et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir e agoardar que peyte aa parte que o conprir e agoardar quiser por nome de pena e de intereesse çe mrs. de diñeiros brancos et a dita penna pagada ou non esta carta e as cousas que en ela son contiudas fiquen firmes e vallan para senpre. Feyta a carta en Ourense, xxvi dias de jullio, era de mill e quatroçentos e qatorse annos. Tests. que presentes foron Gonçalvo Anes coengo e Gonçalvo Peres Seixalvo e Gonçalvo Peres da Valiña e Johan (Alvares) e Roy Gomes, Gonçalvo Oureiro, Gonçalvo Anes escripvanos moradores en Ourense e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense porlo bispo e por la ygleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fiz escrivyr et en esta carta que ende dey ao dito Gonçalvo Anes ourives meu nome e meu signal fiz en test. de verdade que he tal.

(sinal)