GMH/ÍNDICE A-Z

912
1412, outubro, 31. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Diego Méndez e a dúas voces os casais de Castro e de Guntín en Santiago de Meilán, por renda anual de dez tegas de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/23, perg. orix., galego, cortesá, 182 x 353 mm; Carp. 1327, lib. 3º de perg. nº 154.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fs. 145 r.- 146 r.

CAÑIZARES: pp. 1133-1134.

Sabean quantos esta carta viren como nos don frey Johan Enrriques, meestre en santa theologia, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por fasermos ben et merçede a vos Diego Meendes, noso criado et servidor, et porque entendemos que he prol et boo paramento noso et de nosa iglesia et messa obispal, et por renunçiaçion que Tareyia Lopes, vosa madre, en nos feso de hun foro que ela tina dos nosos dous casares de Castro et de Guntin, por ende damos et outorgamos aforo et verbo et aforamos a vos, o dito Diego Meendes, por toda vosa vida et por vidas de outras duas persoas pus vos os ditos nosos dous casares de Castro et de Guntin, que son en a terraria de Meylan, sub o signo de Santiago de Meylan, con todas suas casas et erdades et arvores et formaes et jures et posisoes et froytos et rendas et dereituras, a montes et a fontes, per u quer que vaan sub o dito signo. Conven a saber que a primeira persoa depus vos que seia quen vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et se por vos asi non for nomeada que seia quen erdar vosos bees de dereito; et a terçeira persoa depus vos que seia quen nomear aquesta persoa que asi por vos for nomeada; a a tal pleito et condiçon que vos et as ditas persoas que façades labrar et parar ben os ditos casares et erdades deles en tal maneira que se non pergan con mingoa de boo paramento, et que dedes de foro et renda et çenso por los ditos casares et erdades et froytos et rendas et dereituras deles et de cada huun deles, a nos et a nosa iglesia et a nossos suçesores, des teegas de pan por cada hun de cada ano, o terço de serodio et as duas partes temporaao por medida dereita, a o moordomo que por nos et por nosa iglesia coller et recadar a dita terraria de Meylan, en pas et en salvo des dia de Santa Maria d’agosto ata dia de Santa Maria de setembre; et vos et as ditas persoas avedes a seer vasalos serventes et obedientes a nos et a nosa iglesia et a nosos suçesores, et os que labraren por vos os ditos casares que seian quitos et exentos et anparados de todas monedas et peytos et pididos que veeren; et que non posades vender nen traspasar este dito foro a persoa poderosa nen mays grande que vos sen noso consentimento ou de nosa iglesia; et a finamento da pustrimeira persoa que os ditos casares fiquen libres et quitos a nos et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.
Et eu, o dito Diego Meendes, que presente estou asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro et verbo dos ditos dous casares para min et para as ditas persoas, et obligo meus bees et das ditas persoas de o atender et comprir et pagar todo esto segundo se aqui conten. Et nos, o dito senor Obispo, asi vos lo outorgamos et por esta presente carta o dito foro que a dita vosa madre deles tina mandamos que non vala d’aqui endeante et consentimos en a dita renunçiaçion deles que feso a dita Tareyia Lopes; et se a dita Tareyia Lopes ha feyto alguna vençon, ou nomeaçon, ou traspasamento dos ditos casares, ou de algun deles, a alguna persoa ou persoas damosla por nenhuna et mandamos que non valla en juyso nen fora del, nen enpeesca nen posa enpeeçer a este dito foro que nos fasemos a o dito Diego Meendes, por quanto non ouvo nen ha consentimento de nos nen de nossa iglesia nen de nosos anteçesores, et por ende de dereito non val, et damosla por nenhuna, nen consentimos en ela. Et porque todo seia çerto mandamos delo dar esta carta firmada de noso nome et seelada de noso seelo pendente a o dito Diego Meendes et mandamos a Jacome Peres, noso notario, que a signase de seu signo.

Que foy feyta et outorgada en a nosa çiudade de Lugo, a triinta et hun dias do mes de outubre, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos.

Testemoyas que foron presentes: don Juan Rodrigues, arçidiago de Deçon; et Rodrigo Afonso, juys; et Lopo Ferrnandes, coengo; et Roy Gomes, et Juan Alvares, bachelleres; et Diego Gomes de Açayas, escudeiro do dito senor Obispo; et frey Juan, conpaneiro do dito senor Obispo; et Pedro de Silvarey, notario.

Et yo el dicho Jacome Peres, escrivano et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los suos regnos, vy a o dito senor Obispo firmar este foro de seu nome et por seu mandado et a rogo do dito Diego Meendes fis aqui este meu signo que he tal en testemoyo de verdade. (signo)