GMH/ÍNDICE A-Z

G-A1
----/--/--s/d
Testamento do notario Gonzalo Fernández Cardoso, no que ordena ser enterrado en San Francisco, na sepultura onde xace a súa primeira muller, Berenguela
López, e prové ricas honras fúnebres, que por non poder el sufragar encomenda á súa actual muller, Beatriz Ouxea. (fol. 1-1v)
In dey nomine amen. Sepan quantos esta carta de testamento vyren como, eu Gonçalo Fernandes Cardoso, notario e vesiño da çibdad d’Ourense, estando saao et con soude et reçeando a ora da morte, que he cousa mui natural e que ningua persona non pode escusar, e querendo hordenar de miña alma et fazenda como despoys de meu pasamento fique ben hordenada a serviçio de nostro señor e salvaçion de miña alma, primeyramente mando a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo que a conprou et redemeu porlo seu santo sangre, justo et preçioso, e rogo a nostra señora Santa Maria con todas las virgens e al señor Santiago e San Pero et San Paulo con todos los apostolos e a Santo Domingo e San Françisco et San Martiño con todos los confesores e a San Bertolameu e a San Lourenço e San Sabastian con todos los martires e a todos los outros santos da gloria do parayso, que lle queyran todos por min rogar que me queyra perdoar meus pecados e aver conpasion con miña alma pecadora. Yten mando enterrar meu corpo enno mosteiro de San Françisco desta çibdad d’Ourense ante o altar del señor Santo Antonio, enna sepultura onde jas miña muller Byringuela Lopes. Yten mando que antes de meu pasamento me vistan el abito del señor San Françisco para que roge a nostro señor por miña alma e seja meu abogado e pagen o dyto abito al frayre que o der
o que for justo. Yten (fol. 1)
mando ao clerigo ou capelan que me tober porla maao e resçeber miña alma para nostro señor dous reales de plata. Yten mando aos benerables señores del cabildo da yglesia d’Ourense por que me veñan honrrar e me digan vegilia e misa cantada con seu responso e letania quatro çentos mrs. vellos. Yten mando aos clerigos do coro da yglesia d’Ourense porque me digan vegilia e misa cantada con seu responso e letania çent mrs. vellos. Iten mando aos frayres do dito mosteiro de San Françisco para que me digan outra vegilia e misa cantada con seu responso et letenia outros çent mrs. vellos. Yten mando que o dita de meu enterramento me digan nove misas rezadas e una cantada e me rezen dez salterios, os seys en quanto meu corpo estover en casa e os quatro enno dyto mosteiro, e durante os nove dyas me digan cada dya una misa. Yten mando que meus conpridores et miña muller provea miña sepultura e leven comigo en oferta o que eles vyren que cunple a miña honrra. Yten mando a todas las confrarias desta çibdad d’Ourense a cada una dez mrs. vellos e que me venan honrrar con os çirios. Yten mando que me terçen tres vezes enno anno e en cada terçio me digan dez misas rezadas e una cantada e me rezen quatro salterios. Et por quanto por meus pecados eu ao presente non teño ninguna fazenda nin beens por donde me façan miñas honrras e enterro, rogo e pido a miña muller Biatriz Ougea que por sua (...). (fol. 1v)