GMH/ÍNDICE A-Z

1011
1427, abril, 11. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Pedro López e a dúas voces o casal de Gándara na freguesía de San María Madanela de Coeses,  por renda anual de 30 marabedís e a obrigación de construí-las casas.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 87 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 87.
   

Sabean quantos esta carta de aforamento virem como nos as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo avemos de uso et de custume, et avendo primeiramente noso consello et deliberaçon, et de consintimento et outorgamento de don Juan Ruyz, arçidiago de Grado, vigario de Lugo et procurador da obra da dita iglesia de Lugo, et de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que estan presentes et outorgantes, damos aforo et avervo a vos Pedro Lopes, coengo de Lugo, et a outras duas persoas depoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, o casal de Gandara, que he sub signo de Santa Maria Madagnela de Coeses, do qual dito casal he a meatade del da dita obra da dita iglesia, et a outra meatade he dos ditos aniversarios; o qual dito lugar et casal vos aforamos para vos et para as ditas persoas con todas suas erdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pastos et entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan sub o dito signo, a a tal pleito et condiçon que vos et as ditas persoas tenades labradas et ben reparadas as ditas casas do dito lugar d’aqui ata dous anos, sub pena que non nos dando feytas et reparadas ata o dito praso que pergades o dito foro. Et avedes de dar de foro de cada ano vos et as ditas persoas do dito casal trinta moravedis de longos et de dez dineyros novees cada moravedi, quinze moravedis a o procurador da dita obra, et os outros quinse a o rendeyro dos ditos aniversarios, et que os pagedes cada ano en salvo en Lugo por dia de San Martino de novembro; et a finamento da pustremeyra persoa que suçeder en o dito foro que as herdades do dito lugar fiquen labradas et ben reparadas, et as casas feytas et cubertas et en boo paramento a a dita obra et aniversarios, cuias son, con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu o dito Pedro Lopes, coengo, que presente estou asi reçebo o dito foro do dito lugar et casal para min et para as ditas persoas por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que en esta carta he contiudo.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun thenor huna para vos, o dito Pero Lopes, et vossas persoas, et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Lopes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia, honse dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juis; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Fernando Peres, Nuno Gomes, Juan Dias, Afonso ARes, Juan Ruys, Afonso Rodrigues da Porta Minaa, coengos da dita iglesia; et Fernando Rodrigues, et Fernando Yanes, et Afonso Rodrigues, raçoeyros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo Obispo dese lugar, esta carta por mandado et a rogo das partes scripvir fiz et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Pedro Fernandes, notario.