Gonçalvo Martis, clérigo de San Martiño de Padrenda, declara que debe a Costança Afonso da rúa do Rego 170 mrs. dun pano tinto que lle comprou.
(ff. 44-44 v)
XXIX dias do dito mes. Sabean todos que eu Goçalvo Martis, clerigo de San Martiño de Padrenda, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos, Costança Afonso da Rua do Rego, que sodes presente, çento et setenta mrs. de moeda // vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çentos et setenta mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en pãno tinto que de vos conprey et de que me outorgo etc.; et renunçio etc.; et seo diser etc.; et os quaes ditos mrs. vos prometo et outorgo de dar et pagar en esta guisa: setenta mrs. por dia de Pascoela primeira etc., et os outros çent mrs. por dia de San Juan do mes de juno primeiro etc., por mĩ et por todos meus bẽes movles et reises eclesiasticos et seglares que vos a elo obligo, et so pena do doblo etc.; et a pena etc.; todavia etc. Et eu, a dita Costança Afonso que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas: Pero de Paradego, Ares de Baquianes, morador de Barrantes, et Lopo Matis o moço, oulive, et outros.
Feita.