GMH/ÍNDICE A-Z

356
1337, maio, 28. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Afonso Rodríguez e á súa muller e a unha voz un celeiro coa súa cortiña en Pumeda. Débenlle dar anualmente á igrexa de Valonga a cuarta dos novos e 12 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 27v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, et prestameiro da iglesia de Santa Maria de Valonga, et Fernan Domingues, prellado desa iglesia, con outorgamento do dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, damos avervo et afforamos a vos, Afonso Rodrigues da Pumeda et a vosa muller Moor Fernades et a huna pesoa semellavele de vos qual o postrimeiro de vos nomear, hun cellerio con sua cortina et con sua ayra que he en Pumeda, que esta entre los caminos et feren de testa na herdade dos Herdeyros, et feren na cortina que ten Afonso Peres da Pumeda, que he da iglesia sobredita de Valonga, et con outro çelleyro que esta na riba do camino cabo a cortina da Pedreyra. A qual cortina et ayra et çelleyros vos avervamos a a tal raçon que lavredes et paredes ben, et dedes cada ano, a a sobredita iglesia de Valonga, a quarta dos novos que Deus der na dita cortina et ayra; et cada anno por los ditos çelleyros doçe soldos desta moneda del rey don Afonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos, et pagarlos por Natal. Et a vosa morte et d’aquela pesoa que vos nomeardes deve ficar os ditos çelleiros et cortina et ayra livres et quitos a a dita iglesia de Valonga con todo los boos paramentos que y foren feitos, et con os ditos çelleyros feitos, et este vervo non no avedes vender ne supynorar a nehun ome poderoso. Et eu Affonso Rodriguez, que estou presente, asi reçebo de vos, thesoreyro et Fernan Domingues, o vervo et foro dos ditos çelleyros et cortina et ayra, por min et por la dita mina muller et pesoa que for nomeada, et obligo min et todos meus bees para pagar cada anno os ditos dineiros et conprir todo esto que dito he. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes con outorgamento do dayan et cabidoo sobreditos rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta et posese en ella seu signal.

Que foy feita en Lugo XVIIIº dias de mayo, era de mill et CCC LXXta et çinquo anos.

Testemoyas: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Pedro Roys, archidiago de Deçon; Vaasco Dias, coengo de Lugo; Afonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do coro de Lugo; Iohan Eanes et Iacome Eanes de Cruz ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemonio de verdade.