1344, decembro, 20. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Pedro Afonso e a unha voz o casal
de Trigaes, en San Vicente de Deade, e unha viña no lugar de Casa Nova,
por renda anual da metade do viño, a terza do pan e 24 soldos o día de
San Martiño.
Sabeam
quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de
Lugo, avervamos et afforamos a vos, Pedro Affonso de Deade, et a huna
pessoa qual vos nomeardes en vida ou a tenpo de vossa morte, o nosso
cassal chamado de Triigaes, que he sub signo de San Viçenço
de Deade, con suas herdades, vinas, cassas, et con suas pertenenças
et dereyturas, et con a vinna que iaz enno lugar chamado Casa Nova,
que fere na seara do bispo, et ias cabo outra de Domingo Ferreyro se
esta vinna non esta avervada por carta; a tal pleito et vervo que a
lavredes et paredes ben as herdades et vinnas do dito casal, et esta
outra vinna sobredita, et mantenades as cassas del en boo estado, et
nos dedes cada anno en salvo a meatade do vinno et a terça do
pan que Deus y der, o pan enna eyra et o vinno a a bica do lagar por
ollo do home que o por nos ouver a recadar, et viinte et quatro
soldos cada anno desta moneda del rey dom Affonso, por dia de San
Martino. Et vos et a dita pessoa seerdes vassalos serventes et
obedientes a a iglesia de Lugo. Et a a morte da pessoa que por vos
for nomeada, commo dito he, o dito casal et vinna fiquen livres et
quitos a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren
feytos.
Et
eu, o dito Pedro Affonso, por min et por la pessoa que no dito vervo
for nomeada, assy reçebo de vos, o dayam et cabidoo sobredito,
o dito cassal et vinna, et obligo meus beens et seus para conprir
esto que dito he. Et por que esto seia çerto nos, dayan et
cabidoo et Pero Affonso partes sobreditas, rogamos et mandamos a
Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fesesse ende duas cartas
en hun tenor, et possese en [cada] huna delas seu nome et seu signal
en testemoyo de verdade.
Feyto
foy esto en Lugo XX dias de desenbre, era de mill et tresentos et
oyteenta et dous annos.
Testemoyas
que foron pressentes: dom Diego Fernandes, dayam; don Alvar Dias,
arçidiago de Neyra; Garcia Dias, arçidiago de Sarrea;
Arias Pelaes, arçidiago de Deçon; Pero Iacome, iuys;
Vasco Dias, Vasco Rodrigues, Iohan [Gomes], coengos de Lugo ts.
Et
eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado pella
autoridade do bispo dese lugar, que a esto que sobredito he chamado
et rogado presente foy et a rogo das partes sobreditas fis escrivir
et puge y meu nome et meu signal.