GMH/ÍNDICE A-Z

793
1379, marzo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Gómez e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa Nova por renda anual de 12 marabedís e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 98v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de custume, con outorgamento de Garçia Rodrigues, clerigo do dito coro, rendeyro dos anyverssarios da dita iglesia, avervamos et afforamos a vos Fernan Gomez, fillo de Gomez Merenda, morador a a Porta Nova, et a vossa muller, Moor Peres, et huna pessoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de seu finamento, a casa que he dos ditos anyverssarios que esta en rua Nova sub a capella de San Pedro con seus ortos et seydo et poço que lle perteeçe, a qual cassa esta entre la cassa de Gomes Gonçalvez, pedreyro, da huna parte, et a cassa en que mora Fernando Martines, piliteyro, da outra parte; por tal condiçon que façades et reparedes a dita cassa das paredes et portaes et teyto et cubertura dela, et do al que estever por fazer. Et que dedes et paguedes vos et a dita pessoa en cada hun anno por foro da dita casa doze moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda ussual por dia de San Martino de novembro, a nos ou a aquel que for procurador dos ditos anyverssarios; et a a morte da pustrimeyra pessoa de vos que a dita cassa fique livre et quita con todos los boos paramentos que en ela foren feytos a os anyverssarios da dita iglesia.

Et eu, o dito Fernan Gomez, que estou pressente por min et por la dita mina muller et pesoa assy reçebo o dito vervo et foro da dita cassa de vos, o dito cabidoo, et obligo por todos meus bees et seus delles de o comprir et gardar en todo enna maneyra que sobredito he.

Et nos, o dito dayan, et cabidoo assy vos outorgamos o dito vervo et foro da dita cassa. Et porque he çerto nos las ditas partes rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta et a signasse de seu signal.

Feyta en Lugo, dous dias de março, era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayan de Lugo; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomez, thesoreyro; Thomas Gomez, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, Aras Peres, Ares Ferrnandes, coengos; et Jacome Ferrnandes, et Alvaro Ferrnandes, et Afonso Yanes, raçoeyros da iglesia de Lugo; et Pedro Dominguez de rua Nova; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado por la autoridade do sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.