GMH/ÍNDICE A-Z

155
1325, febreiro, 10
foro

O cabido afóralle a unha voz a Xoán Moogo, reitor da igrexa de San Martiño de Pedrafita, dúas viñas en Cristosende por terza, catro capóns e cuarta de viño o día de Santo André.

ACOu, Escrituras XIV, 120

Sabbeam quantos esta carta viren que nos dom Vaasco Perez deam de Ourense e o cabidoo dese lugar, damos a foro a vos Johan Moogo reytor da igleia de San Martiño de Perafita duas leiras de viña que nos o dito cabidoo avemos na friguisia de Cristosende con todos seus dereitos e perteças, das quaes a huna iaz eno lugar a que chaman Maçaayra e a outra eno lugar a que chaman Santa Marta. Aforamosvos as ditas viñas por tal condiçon que as lavredes e paredes bem em maneira que non desfalescam por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes cada anno ao dito cabidoo en salvo ou ao que tever o dito lugar de Caldelas por el a terça parte de todo froyto que deus y der por seu ome, ao qual devedes aproveer cumunalmente de comer e de bever mentre y estever a coller os froytos das ditas viñas, a terça do viño eno lagar e os outros froytos que os dedes sigundo o custume da terra. Et que dedes outroy cada anno ao dito cabidoo ou ao que ouver daver o dito foro polo dito cabidoo quatro capoens boons e huna quarta de viño por dia de Santo Andre. Et aa morte de vos que fique a huna pessona semellavil de vos ou meor qual vos quiserdes e que pague e agoarde estas condiçoens sobreditas, e aa morte da dita pessona as ditas leyras fiquen ao dito cabidoo livres e desenbargadas en paz e en salvo sen outro enbarguo. Et se por ventura nom nomeardes a dita pessona, que aa morte de vos o dito cabidoo possa reçeber as ditas leyras. Et se vender, deitar ou enpenorar quiserdes as ditas leyras ou a dita voz no dito tenpo que as vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outro pollo justo preço. Et se as el non quiser reçeber vendudas ou deitadas ou enpeñoradas entom as vendede a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e pague o dito foro en pas e en salvo, e non devedes a vender nen obligar a cavaleiro nen a escudeiro nen a dona nen a nome alleo nen dordem. Et se por ventura recreçer contenda entre vos ou vosa voz e o dito cabidoo sobre las ditas viñas que se termie por dous ommees boons do dito cabidoo tomados sem sospeita a prazer das partes sem outra appellaçon. Et se as condiçoens da dita carta non foren agoardadas em todo commo dito he que o dito cabidoo possa tomar as ditas viñas assy commo ... se quiser por sua outoridade. Et desto as ditas partes pediron a min Affonso Viviaez coengo e chançeler que lles desse desto duas cartas partidas por .a.b.c. et eu dey ... esta ao dito cabidoo, que foy feita em Ourense, dez dias de fevereiro, era de mill e trezentos e sesseenta e tres annos. Testimuyas que a esto presentes foron dom Pero Rodriguez arçidiago de Limya, Johan Gonçalvez, Martin Fernandez, Afonso Lourenço e Pero Suarez coengos d’Ourense.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli auriensis.