GMH/ÍNDICE A-Z

354
1362, febreiro, 4
foro

Fernando Martínez, capelán de Santa María a Madre, afóralle a tres voces a Xoán Martínez, reitor de Santiago de Carracedo, unha chousa en Porto Carreiro por 7 libras e media.

ACOu, Fábrica II, 663

Sabean quantos esta carta viren que eu Fernan Martines capelam da capella de Santa Maria a Madre, con outorgamento et liçençia que me para ello da Meen Suares coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor dom frey Affonso polla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense que a esto he pressente e outorgante et me da outoridade para ello, dou a foro a vos Johan Martines clerigo reytor da igleia de Santiago de Carrazedo en vossa vyda et a tres voses apus vossa morte quaes vos nomeardes huna apus outra, et se non foren nomeadas que seian voses tres pesoas huna pus outra que de dereito erdaren os vossos beens, huna chousa que a dita miña capella ha en termino d’Ourense no lugar que chaman Porto Careyro, a qual ias entre a vina de Garçia Rodrigues mercador da huna parte et da outra parte na vina que soya lavrar Gonçalvo Reqeyxo que foy, et en fondo fere no camyño publico por que van de Porto Careyro para a ponte da Barbana, et en cima entesta enna dita vina do dito Garçia Rodrigues mercador, por condiçon que a lavredes e paredes ben commo non defalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes a min et ao que pello tenpo tever a dita miña capella sete libras e mea de diñeiros brancos de que contan quareenta pares de diñeiros novees por tres libras cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro et dizemo a deus e livre de todo outro enbargo. Et se quisserdes vender ou deytar ou supinorar a dita chousa enno tenpo que sobre dito he que a vendades ou deytedes ou supinoredes ante ao capelam que pollo tenpo tever a dita capella ca outro pollo justo preço, et se o assy non quisser reçeber enton o vendede ou dade ou supinorade aa tal omme que seia semelavil de vos et que conpra et garde as condiçoens desta carta e cada huna dellas. Et para vos anparar et deffender a dereito con o dito afforamento obligo os beens da dita capella. Et eu o dito Johan Martines assy reçebo de vos o dito afforamento, et para lavrar e parar ben e pagar o dito foro cada anno commo dito he enno dito tenpo et para conprir as condiçoens da dita carta et cada huna dellas obligo meus beens et das ditas miñas vozes gaañados e por gaañar. Posto foy et outorgado ontre as ditas partes pena, que qual quer dellas contra esto quisser pasar et oo non quisser conprir et agardar que peyte aa outra parte que o quisser conprir e agardar por pena çem mor. et a vos del rey outros tantos peyte, et a pena pagada ou non que esta carta e oo que se enella contem fique firme e valla enno dito tenpo. Feyta a carta en Ourense, quatro dias de fevereiro, era de mill et quatroçentos annos. Tests. que presentes foron Garçia Peres notario d’Ourense, Garçia Martines de Moreyras, Johan Afonso de Sabadelle, Domingo Gonçalves d’Alaris, Gomes Lourenço omme de Estevo Peres coengo d’Ourense.

Et eu Lourenço Eanes notario publico em Ourense pelo bispo e igleia desse lugar que a esto presente fuy e em myna pressença o fis escrivyr et meu nomme e meu sinal y puge em testimuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta do foro que fezo Fernan Martines capelan a Joan Martines de huna chousa questá en Porto Carreiro.