GMH/ÍNDICE A-Z

458
1391, decembro, 1
foro

Os clérigos do coro afóranlles vitaliciamente a Xoán Fernández Galego e á súa muller, Tareixa Afonso, un terreo de chousa no Souto do Bispo, no camiño para a Ponte, por 4 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 58

Sabean quantos esta carta viren que eu Marty[n] Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense procurador da universidade dos clerigos do coro da dita igleia, presentes y Roy Lourenço dobreiro et Fernan Rodrigues capelan de Santa Oufemea et Johan de Souto et Fernan Anes de Santa Crus da Raveenda, Johan Fernandes capelam da igleia da Triindade et Pero Anes de Piñor et Afonso Fernandes capelan da igleia de Santa Maria a Madre, nos os sobre ditos por nos e en nomme dos clerigos da dita universidade que non son presentes, damos e outorgamos a foro a vos Iohan Fernandes Galego morador em Ourense na rua da Corredoyra et a vosa moller Tereyia Afonso que non he presente, por todo tenpo de vida danbos tan solamente et mays non hun terreo de chousa que ha dita universidade ha et lle perteençe, que está açerca d’Ourense hu chaman o Souto do Bispo, que demarca da huna parte porlo camiño publico por que van d’Ourense para a ponte do Miño, et da outra con viña de Johan Abbade et topa en terreos de Martin de Montes coengo d’Ourense et de Gonçalvo Peres Foçiños escudeiro moradores en Ourense. Aforamos vos o dito terreo de chousa con suas entradas et seydas et con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que lavredes et paredes ben commo non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes de cadauun anno de foro ao moordomo da dita universidade por dia de San Martiño de novenbro quatro livras de diñeiros brancos desta moeda que agora corre chaamente a viinte soldos por livra ou a estimaçon deles na moeda que correr, et disimo a deus livre e quite de todo outro enbargo. Et posto que o moordomo da dita universidade que non querendo vos et a dita vosa moller pagar o dito foro ao dito dia que vos posa peñorar por o dito foro por sua outoridade sen pena. Et obrigamos os beens da dita universidade para que vos et a dita vosa moller seiades defesos et anparados a dereito con o dito terreo no dito tenpo. Et eu o dito Johan Fernandes por min et por la dita miña moller que non he presente asi reçebo de vos os sobre ditos e da dita universidade o dito terreo aforado por lo dito tenpo porla maneira et condiçoons sobre ditas, et para dar et pagar de cada huun anno ao dito dia as ditas quatro livras ao moordomo da dita universidade et conprir as condiçoons desta carta et cada huna delas obrigo a vos todos meus beens gaañados et por gaañar. Et he posto ontre nos as partes que a parte de nos que contra esto pasar et o non conprir e aguardar que peyte a outra parte que o conprir e agoardar quiser por nomme de penna çen mor. da boa moeda, et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento valla e fique firme no dito tenpo. Feita a carta en Ourense o primeiro dia de desenbro, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e hun annos. Tests. que presentes foron ... Gonçalves notario d’Ourense, Johan Anes reytor da igleia de Canbeo et Fernan P(eres) clerigo reytor da igleia de San Fiis do Ribeyro de Limia e outros.

Et eu Afonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he presente foy e o fige escrivyr e en esta carta que dello dey aa dita huniversidade meu nome e signal fige en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta da cortyna de Eynes Afonso de Garçia Paaz.

Está a aleende do Souto do Bispo yndo para a ponte d’Ourense.