GMH/ÍNDICE A-Z

958
1418, maio, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Tereixa Salgada, monxa da Terceira Orde, e a dúas voces unha casa pertencente á capela de San Marcos, por renda anual de catro marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 132 r. e v.

Sabeam quantos esta carta viren como nos as persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et con outorgamento de Roy Lopes, coengo de Lugo et amystrador do mes de agosto en terra de Paradela, que esta presente et outorgante, teente a Capela de San Marco que he da dita amystraçon, et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçessores, damos aforo et avervo a vos Tereyja Salgada, frayra da terçeyra ordee, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, huna casa que he da dita amystraçon et Capela de San Marco con sua camara, a qual casa et camara esta junto con o coro et ansia da dita Capela de San Marco, en a qual vos, a dita Tereyja Salgada, ora morades et usades et posoydes; a qual dita camara et casa vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et pertenenças, segundo perteesçen a a dita Capela et amystraçon de agosto, a a tal pleito et condiçon que vos tenades a dita casa et camara feytas, cubertas et en boo paramento; et dedes de foro et penson en cada hun ano vos et as ditas persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro, a o dito Roy Lopes, coengo, amystrador, ou a aquel que tever a dita amystraçon por la dita iglesia de Lugo, quatro maravedis da moneda corrente en cada hun ano por dia de San Marco en salvo en Lugo; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita camara et casa fiquen feytas et ergidas et ben reparadas a a dita amystraçon et iglesia de Lugo, cuias son, con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, a dita Tereyja Salgada, que presente estou asy reçebo o dito foro et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprir et pagar en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, a dita Tereija Salgada, et vosas persoas et a outra que a lançase en o livro do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo, quinse dias do mes de mayo, ano do nasçemento / de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto anzos.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; don Juan Garçia, thesoreyro; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Afonso Ferrnandes, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Fernan Rodrigues, Juan Yanes, coengos; Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Pedro Ferrnandes, raçoeyros; Fernan Yanes, sancristan, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto todo que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.