GMH/ÍNDICE A-Z

253
1329, agosto, [...] venres. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Martiño Eanes, á súa muller e a unha voz o casal de Soñariño pola metade ou o terzo do labrado, 30 soldos e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 69v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Areas, dayam de Lugo, et o os homes boos do cabidoo desse missmo lugar, damos a vos, Martin Eanes de Sonarino et a vosa moller Elvira Peres, por en vossos dias d’anbos et d’una pesoa a pus vos qual o pustrimeiro de vos nomear en vida ou en morte, o nosso casal de Sonarino que Pedro Suarez, que foe, leixou a os aniverssarios, con todas suas dereyturas et pertenenças, a a tal vervo que vos et a pesoa sobredita que pus vos veer, que tenades esto dito casal [segundo] dito he, et que o lavredes et paredes bem, et que façades y das arvores. Et que dedes del cada anno a o que tever os aniversarios, a meatade de quanto y lavrardes, se vos deren semente, et se vos non deren semente dardes o terço do que Deus der, salvo por nabos et por lino et por fruyta porque avedes a dar cada anno triinta soldos da moneda branca del rey don Fernando, por foros; et manteerdes as casas en boo estado, et façerdes y outra enno lugar, et seerdes vasallos serventes et obedientes a iglesia de Lugo, et seerdes defesos commo os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et a a morte da pustrimeyra pesoa avedes a leyxar o dito lugar livre et quito a os aniversarios con todos seus boos paramentos, et con hun boy et con huna vaca et con huna porca et con quatro rexellos de pobro, et con huna mea terça d’erdade semente sacada de monte. Et que esto seia çerto rogamos a Ruy Vaasques, notario publico de Lugo dado pela octuridade do bispo desse mismo lugar, que nos faça ende esta carta.

Que foy feyta quinta feyra [...] dias d’agosto, era de mill et CCC LXVII annos.

Que presentes foron: o dito dayam, don Diego Fernandes, arçidiago de Deçon; don Pedro [Ruyz], don Aras Peres de Parega, thesoreyro; Arias Pelaes, Afonso Gomes, o chantres d’Armetia, Alvar Diaz, Pedro Arias, coengos de Lugo. Et eu Ruy Vaasquez, notario sobredito, escrivi et puge y meu sinal. (+).