GMH/ÍNDICE A-Z

17
1295, setembro, 10

foro

O deán mestre Pedro e o cóengo Xoán Iánez afóranlles a unha voz a Xoán Pérez e á súa muller, Eldora Iáñez, uns soares e terreos en Cachamuíña para que fagan casas nun ano, por 30 soldos.

 

ACOu, Escrituras IV, 35

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 546-547, doc. 693)

 

No nome de deus amen. Conuçuda cousa seia a quantos esta carta viren que nos meestre Pero da (...) de Ourense e don Johan Eanes coengo desse lugar, teedores da capela que o thesoureyro don Joan Paez (orden)ou en lugar que chaman Caschamoyna, damos a foro a vos Johan Perez morador en esse lugar e (...) moller Eldora Eanes que non e presente en vida de vos ambos e de huun fillo que ambos ouverdes (...) soares de casas con suas paredes que estan en esse lugar de Caschamoyna, os quaes soares estam (...) casas da igleia de San Salvador de Prexegueyroo e o lugar a que chaman Villavella. Eynda vos damos a foro dous terreos con a meatade de huna figueyra que en elles está, dos quaes terreos hun iaz en(tre) o terreo de Vaasco Perez do Pereyro e os ditos soares e entesta no camino e o outro terreo iaz entre os terreos que foron de Pero Joglar e os soares sobre ditos. Damos a vos a foro os ditos soares e terreos con a mea figueyra por tal condiçon que vos façades en esses soares casas e cobrirdelas deste di(...) hun anno e lavrardes e parardes ben esses terreos que non se percan por lavor e dedes ende a nos ou quen (...) a dita capella cada anno en dia de San Martiño triinta soldos da moeda blanca que agora corre que foy (...)despois da moeda preta a ii diñerios por huun soldo. Et para conplir e aguardar as cousas sobre (...) huna delas eu Joan Perez sobre dito, por min e pola dita miña moller obligo min e todos me(...) gaanados e por gaanar. Et nos prometemos e outorgamos a anparar vos e toda vossa voz a dereito con os ditos soares e terreos con a mea da figueyra pelos beens da capela sobre dita. Et a parte que contra esto quiser pasar peyte a outra parte de pena l mor. e esta carta fique firme. Feyta a carta en Ourense x dias de setenbro, era de mill e ccc e xxx e iii annos, reynante en Leon e en Castela rey don Fernando, bispo en Ourense don Pero Eanes. Tests. a esto chamadas e rogadas que foron presentes Pero Afonso dobleyro da igleia de Ourense, Pero Rodriguez, Garçia Meendez, Joan Dominguez clerigos do coro, Martin Perez pilliteyro de Castadon.

Eu Estevoo Perez notario de Ourense que foy presente a esto e figeo escrivir e puge meu sinal.

(sinal)