GMH/ÍNDICE A-Z

377
1370, maio, 15

testamento

Testamento de Roi Pérez, mercador.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 1

Enno nomme de deus amen. Sabbean quantos este testamento viren que eu Roy Peres mercador morador en Ourense na rua da Correaria, seendo saao et con meu entendemento aquel que deus tevo por ben de me dar et temendome da morte que he natural a todos los ommes et molleres deste mundo et por tal que despois de miña morte non vena contenda ontre alguuns sobre meus beens et a miña fasenda fique ordenada ao proveito da (...) et aa miña voontade commo a min conprir, por ende faço et ordeno de meus beens meu testamento e miña postrumeira voontade en esta maneira: Primeiramente mando a miña alma agora et quando me do corpo seyr ao meu señor padre verdadeyro Jhesu Cristo que a conprou pelo seu santo sangre preçioso et rogolle et peçolle que me queira resçeber et me queira perdoar os meus pecados et erranças que fige contra sua voontade, et peço por merçee aa virgen gloriosa santa Maria sua madre et a todoslos santos et santas da gloria do parayso que queiran rogar a deus padre que me queira perdoar os meus pecados et me aja remiimento aa miña alma et quando de min deveer de morte mando deitar meu corpo enno çimiterio de Santa Maria Madanela enna sopultura en que jas Moor Domingues miña moller que foy. Iten mando que leven conmigo en oferta aa dita igleia quando me enterraren dous puçaes de viño et dous (...)los cheos de pan branco ou quanto meus conpridores viren que me conpre. Iten mando que arça sobre miña sopultura qoreenta livras de çera ou mays se meus conpridores viren que conpre. Iten mando que reçen por miña alma viinte salteyros, os des et seis enna casa en mentre eu y jouver et os quatro sobrela sopultura despois que for enterrado. Iten mando aos clerigos que non foren do coro que foren presentes en miña sopultura triinta mrs. Iten mando mando aos clerigos do coro que foren presentes en miña sopultura et me vieren faser onra et me diseren huna minsa cantada por miña alma aquel dia que eu fignar ou en outro dia çinqoenta mrs. Iten mando aa universsidade dos clerigos do coro que aian para senpre dous puçaas de viño que me ha de dar de cada anno en salvo Gonçalvo Martines morador en Monte Alegre. Ainda lles mando aos ditos clerigos do coro que aian para senpre pela leira de viña que eu aio que ias enna Coyna, a qual jaz ontre outras duas viñas que agora lavra Afonso Peres meu criado et vay ferir en fondo no rigueiro et vay topar en çima enna congosta que vay para Raayro, que aian por ela tres livras de brancos de cada anno para senpre con os ditos dous puçaes de viño et o dito Afonso Peres et sua moller Tereyja Afonso et seus fillos Gomes e Mayor que teñan a dita viña en sua vida de todos quatro et aa morte deles todos quatro que a dita viña fique aa suçison que eu en este meu testamento faço et que os ditos clerigos do coro que me façan de cada anno dous aniversarios con duas minsas cantadas no altar de Santa Maria Madanela terçeiro dia apus dia de San Martiño ou en outro dia para senpre porla miña alma et de Tereyja Peres miña moller et de Moor Domingues miña moller que foy et de Costança Garçia et de Iohan Garçia porteiro et de Sancha Peres sua moller et de Pero Domingues e de Dominga Eanes et de todos aqueles e aquelas a que nos somos tiudos. Iten mando aos coengos da igleia d’Ourense a aqueles que foren presentes en miña sopultura et me feseren onra çen mrs. et que me manden tanjer os signos et faserme moyta onra. Iten mando ao cabidoo da dita igleia d’Ourense huna seara de viña que eu aio en termio da Coyna, aa qual seara chaman a Seara de Donna Esteveyña, a qual tevo Tereyja Cansada. Iten mando ao dito cabidoo que aian para senpre as dose livras que a min ha de dar de cada anno Johan Martines fisico pela chousa que ias enna Barvaña que foy de Pero d’Orraca et de Tereyja Cansada et non lles dando Johan Martines as ditas dose livras doulles todo meu poder conprido et mandolles que posan resçeber a dita chousa et averla para sy et que non posan demandar as ditas dose livras a miña heree et o dito cabidoo et coengos que me façan de cada anno para senpre huun aniversario con huna minsa cantada en dia de San Martiño ou en outro dia porla miña alma et de Tereyja Peres miña moller et de Moor Domingues que foy miña moller et de Costança Garçia et de Sancha Peres sua nanna et de Iohan Garçia porteiro et de Pero Domingues et de Dominga Yanes et de todos aqueles e aquelas a que somos tiudos. Iten mando a todas as lanpaas da çidade d’Ourense et darredor da vila d’Ourense huna legoa çinco diñeiros a cada huna para o lume das lanpaas. Iten mando que meus conpridores façan dizer por miña alma triinta minsas de requien aquel dia que eu fignar ou en outro dia et daquel dia a quinze dias que me façan diser os ditos conpridores outras triinta minsas ou quando as mais agiña poderen diser por miña \alma/ et de todos los sobre ditos et de todos aqueles e aquelas a que eu soon tiudo. Iten mando aos capelaens de Santa Oufemia tres livras de brancos et seis soldos que a min an de dar de cada anno para senpre herees de Johan mercador pola sua casa e lagar que esta aa porta da Corredoyra, et eles que me poñan enno livro da oraçon en que ementan os fignados et vaan sobre miña sopultura con augoa sagrada ata huun anno. Iten mando que me terçen tres veses enno anno que me eu fignar. Et mando para cada terço çen mrs. para pan e para viño e para carne. Iten mando aos capelaens de Santa Maria a Madre quinze mrs. et eles que me aian emente en sua oraçon. Iten mando aos ditos capelaens qoreenta et dous soldos que a min am de dar cada anno para senpre por huna viña que ten Fernan Anes avogado, que esta a par da forca do Vaao. Et os ditos capelaens que me poñan enno livro da ementaçon e que me ementen en suas oraçoens. Iten mando aa confraria de Santa Maria a Madre de que soon confrade dez livras desta moeda. Iten mando que meus conpridores façan diser aos frayres de Sam Fra[n]çisco huun anal de minsas et quatro triintanarios commo se deven diser por fignado porla miña alma et de Tereyja Peres e Moor Domingues e Costança Garçia et de Johan Garçia porteiro et de Sancha Peres sua moller et de Pero Domingues et de Dominga Anes et de todos aqueles et aquelas a que eu soon tiudo. Iten mando aos capelaens da Triindade quinse mrs. et elles que me poñan enno livro da ementaçon et que me aian emente en suas oraçoens. Iten mando aa confraria de Santa Maria d’Avento des mrs. Iten mando aa confraria de Santa Oufemia outros dez mrs. Iten mando aos frayres do moesteiro de San Françisco huna pitança de pan et carne et viño, et eles que me digan por miña alma huna minsa cantada e porlos sobre ditos en aquel dia que me eu fignar ou en outro dia. Iten mando a Sancha miña sobrina quatro varas de balançina para huun pelote. Iten mando a Afonso Peres meu criado oyto varas de viado para çurame et saya. Iten mando a Tereyja Afonso miña criada et sua moller çen mrs. Iten mando a Lourenço Peres que mora en Tarasçon tres baras de valançina et mando que lla dian de huna balançina que eu mando dar por miña alma. Iten mando a Rodrigo de San Çibrao et a seu yrmao dez livras desta moeda a cada huun. Iten mando e dou poder a Tereyja Peres miña heree e a Pero Escripvam morador en Allaris que teñan en toda sua vida anbos a meatade dos herdamentos que eu Roy Peres conprey con Pero Domingues dos Brancos e con Dominga Eanes sua moller, a qual meatade dos ditos herdamentos lles perteensçe por que os conpraron conmigo. Et a outra meatade destes herdamentos e beens perteeçen a min por que os conprey con os ditos Pero Domingues et Dominga Eanes. Et esta dita miña meatade destes herdamentos e beens juntoos et leixoos aa suçison que eu ordeno que eu leixo a Tereyja Peres miña moller, a qual meatade dos ditos herdamentos et beens que perteensçen aos ditos Pero Domingues e Dominga Anes son estes: primeiramente a meatade de huna leira de viña que jas en Rio de Fosado a sub a viña que foy de Martin Gomes et a meatade de huun piteiro a alen do rigueiro, et esta leira e piteyro son de disimo a deus. Iten a meatade da outra leira de viña en Raayro que he de disimo a deus. Iten a miña chousa do Outeyro. Iten a meatade de outro piteiro que ias na Morteyra e jas cabo outra viña de Pero Lourenço notario et este piteyro he de foro de quinta. Iten a meatade doutro piteiro que ias en Bouça de Ramiro cabo doutra de Garçia Rodrigues mercador. Iten a meatade do noso quiñon da seara de Castroverde que foy de Pero Domingues da Ayra et de Maria Martinez sua moller. Iten a meatade doutra leira de viña ennos Conchousos que ias a par do camiño que vay para Seixalvo et en çima topa enna viña de Martin Anes do Gordon. Iten a meatade doutro piteiro que ias a sub o camiño que vay para Seixalvo, o qual foy \de/ Bolo Sovado et jas cabo outra viña que foy de Fernan Moreda. Iten a meatade de dous piteiros que jasen a sub a congosta que vay d’Ourense para Seixalvo et huun deles he de disimo a deus e outro he de foro de quarta et lavroos Migueel que morou enna Ayra do Bispo, et esta dita meatade destes herdamentos e beens que perteesçen aos ditos Pero Domingues e Dominga Anes mando que os teñan os ditos Tereyja Peres et Pero Escripvam en toda sua vida et aa morte deles e de cada huun deles que a dita meatade dos ditos herdamentos et beens que os herees da dita Tereyja Peres e Pero Escripvan et con os meus conpridores ou con cada huun delles ou con seus herees deles que vendan a meatade dos ditos herdamentos e beens que perteesçen aos ditos Pero Domingues et Dominga Anes a quem por eles mais der, et que dian o preço que por elles deren porlas almas dos ditos Pero Domingues e Dominga Anes en minsas de sobre altar et en pannos a proves et en pan et en carne e nos outros lugares que elles entenderen que he mais prol et soude das almas do[s] ditos Pero Domingues e Dominga Anes e daqueles que eles eran tiudos. Iten mando a Martin Martines reytor da igleia de San Paayo de Bobeda çincoenta mrs. Iten mando ao dito Martin Martines todos los herdamentos que eu conprey enna friigresia de San Pedro de Codeyro que os teñan en toda sua vida et aa sua morte que fiquen livres et quites a Tereyja Peres miña moller et miña heree para a suçison que eu ordeno en este meu testamento. Iten mando a Afonso Peres meu criado et a Tereyja Afonso sua moller quatro piteiros de viñas que jasen enna Coyña, os quaes elles agora lavran, et elles que os teñan anbos en toda sua vida et aa sua morte que fiquen a Gomes e a Mayor seus fillos se foren vivos et aa morte dos ditos moços os ditos quatro piteiros fiquen livres et quitos aa suçison que eu ordeno. Iten mando a Tereyja Martines moller de Johan Fernandes alfayate çen mrs. Iten mando que o alugueiro que deren porlo sobrado da casa que esta na rua de Çima en que mora Tereyja Miguees que o de Tereyja Peres miña moller e miña heree para o lume da lanpaa que se ante o altar de Santa Maria que eu fige, que he da miña capela. Iten mando a Lourenço Martines noso capelan oyto varas de valançina, et mando que lla dian da valançina que eu mando dar por miña alma. Iten mando que meus conpridores ou cada huun deles que dian porla miña alma e da dita Tereyja Peres et de Moor Domingues e Costança Garçia miñas molleres que foron et de Iohan Garçia et de Sancha Peres sua moller et dos ditos Pero Domingues e Dominga Eanes et de todos aqueles e aquelas a que nos somos tiudos huna balançina chaa et huun costal de burees a aqueles ommes e molleres que elles entenderen et viren que he mellor enpregado. Iten mando a Gonçalvo Anes chantre da igleia d’Ourense et fillo de Tereyja Peres miña moller quinentos mrs. de brancos, et el que me aia emente en sua oraçon et me faça onra en miña sopultura. Iten mando a Fernando et a Johan Gonçalves meus criados tresentos mrs. para ajuda para se ordenar dordees de minsa. Iten mando a Maria d’Agiar miña criada dusentos mrs. Iten mando a Maria de Santa Cruz çen mrs. Iten mando a Martin Domingues de Parada e a Tereyja Anes sua moller que lles den quatro |quatro| varas de valançina que meus conpridores am de dar por miña alma. Iten ordeno et establesco ao loor et ao serviço de deus padre et de sua madre Santa Maria et de todolos santos e santas da gloria do parayso huna suçisom et leixo para ela e por que se mantena estes beens que se siguen: primeiramente o meu terço et meu quiñom destas casas en que eu moro que teno a cama et do çelleiro en que teno o viño. Iten todos los herdamentos et casas et viñas que eu aio e a min perteesçen enna friiguesia de San Migueel de Canedo enno lugar a que chaman Tarascon que son de disimo a deus. Iten a meatade do lugar de Reça. Iten as viñas que de min ten aforadas Estevoon Peres bufom que jasen enno Couto. Iten outra leira a que chaman do Carvallo que ias nos Conchousos. Et outra leira de viña que ias en Bouça de Ramiro a par da viña de Gonçalvo de Noalla. Et outra leira de viña que ias en Bouça de Ramiro a sobrela leira do Areal que tevo Johan Leiteiro. Et outra leira de viña en Rio de Fosado a sub outras viñas que ten Roy Charlim. Iten a viña das Modorras. Et huun çeleyro que está en Sam Çibrao que eu conprey con Fernan Caao. Iten a miña meatade dos herdamentos que conprey y em Sam Çibrao con Tereyja Peres miña moller que foron de Johan Fernandes clerigo de Penna Vegia. Iten outro piteyro de viña que ias no Vaao. Iten huna leira de viña que ias en termio de Carvalleira que ora lavra por min Affonso Fernandes carniçeyro. Iten ainda leixo a esta suçissom a miña meatade das viñas e herdamentos que conprey con os ditos Pero Domingues et Dominga Eanes sua moller segundo que son contiudos et declarados en este meu testamento, dos quaes herdamentos a outra meatade delles eu mando teer aa dita Tereyja Peres et ao dito Pero Escripvam em sua vida et aa sua morte que se vendam et se den segundo que eu mando en este meu testamento porlas almas dos ditos Pero Domingues e Dominga Eanes. Iten a terça da casa que está enna Traparia, en que morou Alvaro Gonçalves con seus tendaes. Iten as casas en que mora Pero Fernandes carnyçeyro que estan cabo doutras dos ditos Pero Domingues e Dominga Eanes. Iten a meatade das casas que eu aio enno Vilar. Iten a meatade das casas da Ayra do Bispo. Iten a meatade da casa que eu conprey con Pero Domingues, que está na Correaria a sobre Santa Maria a Madre. Iten outro piteiro que ias nos Conchousos. Iten huna casa que está na rua das Chousas que eu conprey a Pero Barrela. Iten a meatade de casa et forno que está en Çima de Vila. Iten o meu quinon da casa da Corredoyra que eu conprey con Johan Casteleiro. Et mando que esta suçison et todos los herdamentos et beens que para ela conprey mando que a teña a dita Tereyja Peres miña moller a dita suçison et beens que para ela mando et leixo en toda sua vida, et ela que teña de cada anno en todo tenpo de sua vida huun cappelan que cante et çelebre de cada dia minsa enna igleia de Santa Maria Madanela enno altar que eu y fige, et vaan a todas las oras de noyte et de dia aa igleia de Santa Maria a Madre porla miña alma e da dita Tereyja Peres e de Moor Domingues e de Costança Garçia miñas molleres que foron et de Johan Garçia porteiro et de Sancha Peres sua moller et dos ditos Pero Domingues e Dominga Eanes et de todos aqueles e aquelas a que eu soon tiudo. Et dou todo meu poder conprido aa dita Tereyja Peres miña moller et miña heree que se ela vir que he ben et lle conprir ou ouver coyta ou presa ou nesçesidade que posa vender ou deytar ou sopiñorar todos estes herdamentos e beens que leixo a esta suçison ou parte delles se conprir et manteerse por elles et despendelos et se os asy vender ou despender que non seia tiuda de teer o dito cappelan nen ninhuun non na posa por elo acusar. Et se por ventura a dita Tereyja Peres non vender nen desbaratar os ditos beens da dita suçison, mandolle et doulle poder que en sua vida ou a tenpo de seu fignamento que pona esta suçison et todoslos beens que para ela leixo en huun omme boon clerigo ou leigo qual ela entender que seia para elo que seia omme boon et de boa vida et de boa fama, et este omme boon que ela asy leixar para esto que tena o dito capelan de cada anno que cante de cada dia minsa enna dita igleia de Santa Maria Madanela enno dito altar et vaa aas oras aa dita igleia de Santa Maria a Madre segundo dito he porla miña alma e da dita Tereyja Peres et de todoslos sobre ditos et de cada huun delles, et aa morte daquel omme boon que a dita Tereyja Peres asy ordenar et en que leixar a dita suçison et beens dela que fique no seu heree del ou en aquel que el ordenar en seu testamento a tenpo de seu fignamento, et aquel en que asy ficar que posa sustituyr outro a tenpo de seu fignamento, et asy vaan de huun en outro ata a fim, et todos et cada huun deles que teveren a dita suçison que teña o dito cappelan que cante de cada dia minsa no dito altar et vaa aas ditas oras aa dita igleia de Santa Maria a Madre segundo dito he. Et dou poder aos capelaens de Santa Maria a Madre que pelo tenpo foren que acusen aqueles que teveren a dita suçison despois da morte da dita Tereyja Peres que teñan o dito cappelan et façan conprir esto que dito he. Et dou e outorgo aa dita Tereyja Peres miña moller et miña heree et poño en ela todo aquel poder et hereença et conprimento que os ditos Pero Domingues e Dominga Yanes en min poseron et leixaron por huun testamento feito por Domingo Anes notario que foy d’Ourense, et mandolle e leixolle todo meu poder que elles en min leixaron et poseron pelo dito testamento, et mandolle e doulle poder que posa fazer et ordenar et conprir todas aquelas cousas que os ditos Pero Domingues e Dominga Yanes a min mandaron faser et conprir pelo dito testamento, et todo aquel poder que elles en min poseron todo o poño na dita Tereyja Peres et faço heree deste meu testamento et en todoslos meus beens que non ey mandados, salvo ennos que mandey vender et que eu ey movilles et reyzes que a min perteesçen et perteesçer deven de dereyto commo quer et en qual quer maneira et por qual quer rason, aa dita Tereyja Peres miña moller, et leixolle a dita suçison et todoslos beens que para ela leixo que cunpla et aguarde todo segundo dito he. Ainda a faço conpridor deste meu testamento et miña postrumeira voontade et aparto todoslos meus parentes e parentas en çen mrs., et esto lles mando en apartamento, et apartoos todos en elles, et mando que eles nen cada huun deles non posan nen aian poder de demandar mais de meus beens movilles nen reyzes ca non he miña voontade. Et faço con ela conpridores et exsecutores deste meu testamento e miña postrumeyra voontade a Gonçalvo Anes chantre da igleia d’Ourense et a Pero Lourenço notario d’Ourense morador en Fonte Arcada por quen este testamento he feito que o cunpran pelos meus beens et sen seu danno, et mando a cada huun delles porlo afam que tomaren en conprir este meu testamento duzentos mrs. Et quero et mando que este seia meu testamento et miña postrumeira voontade, et que valla commo testamento et commo miña pustrumeira voontade, et se non valuer commo testamento mando que valla commo codiçillo ou commo outra escriptura feita por mao de notario et por testemoyas, et que mellor et mays conpridamente pode e deve valler de dereyto. Et se outro testamento ou testamentos, manda ou mandas, codeçillo ou codeçillos aio feitos ante deste revogoos e doos por ninhuuns et mando que non vallan nen aian firmidume nen façan fe nen o que se en eles contever, et mando que valla este testamento que faço pelo dito Pero Lourenço notario et que fique firme para senpre. Et pono penna que quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento e miña pustrumeyra voontade e manda vier en parte ou en todo que aia a yra de deus e a miña maldiçon, et se lle alguna cousa en este meu testamento ouver mandado que o perca et que o non aia et que o non posa demandar, et de mays que peyte a miña heree quanto demandar doblado et aa voz del rey peyte por penna mill mrs. da boa moeda et este testamento e miña pustrumeira voontade fique firme et valla para senpre. Feito o testamento en Ourense enna igleia de San Martiño enna capela de Santo Andre, quinze dias de mayo, era de mil et quatroçentos et oyto annos. Testemunyas que para esto chamadas et rogadas presentes foron Afonso Ares coengo d’Ourense et Domingo Anes clerigo do coro da dita igleia et Johan Gonçalves de Millmanda et Afonso Peres e Pero Oureyro et Garçia Fernandes et Gonçalvo Anes alfayates et Afonso Peres omme do dito Roy Peres et Fernand Alvelo escripvan moradores en Ourense et outros.

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia d’Ourense, notario et chançeller da dita igleia et çidade de Ourense porlo onrrado varom dom Alvaro Diaz arçidiago de Aveancos enna igleia de Lugo et vigario geeral enno tenporal et spiritual da igleia et çidade et obispado de Ourense por lo onrrado padre et señor dom Pero por la graça de deus et da santa igleia de Roma elleito confirmado da dita igleia de Ourense spiçialmente a esta nota deste testamento de Roy Peres vizino que foy da dita çidade que foy feito et outorgado por Pero Lourenço de Fonte Arcada notario que foy da dita çidade, a qual nota de testamento era scripta en papel toda de verbo ad verbo et en fondo posto nome do dito Pero Lourenço, o qual desia ‘eu Pero Lourenço foy presente’, o qual nome foy visto et examinado por Martin Gonçalves e Afonso Giça et Vasco Martines et Garçia Peres et Gonçalvo Oureiro notarios da dita çidade, os quaes dissseron que aquel era o nome do dito Pero Lourenço scripto por sua maao, a qual nota de testamento fora achada ontre as notas et scripturas do dito Pero Lourenço, a qual eu por mandado do dito vigario fiz traladar en meu registro toda de verbo ad verbo, aa qual nota do dito testamento o dito vigario dou sua liçençia et auctoridade ordinaria et mandou a min que posse este dito testamento en publica forma e o desse a Pero Anes clerigo do coro teendor da dita suçissom ou a outro qual quer a que perteeçese por quantas vegadas fosse demandado. Tests. que presentes foron aa dita liçençia et auctoridade et mandamento do dito vigario Gil Rodrigues mestrescolla, Fernan Peres abbade da Triidade, Lourenço Martines, Bertolameu Peres, Pero Fernandes coengos da dita igleia et Pero Rodrigues reitor da igleia de Santa Mariña de Agoas Santas et Pero Afonso porteiro do cabidoo.

Et eu commo chançeler da dita igleia d’Ourense confirmo este dito testamento et a todo esto que dito he presente foy et esta carta de testamento en miña presença fiz scripvir et aqui meu nome et signal puge en testimuyo de verdade, et non enpesca os ontrelinos a que diz aos que regloes ‘alma’ et aos vinte et sete regloes que eu notario (...).

(sinal)

Stephanus Petri

Taixo este testamento çento et çinqoenta mor. et he pago.

Stephanus Petri cancellarius

[reverso]

Anno do señor Jhesu Cristo de mill e quatroçentos e qoreenta e nove annos, onse dias de março, enna çivdade d’Ourense, presentou Lopo Ares canonigo da dita çivdade este testamento ante Fernando Caldeyron bacheller do señor obispo d’Ourense, e logo o dito bacheller diso que o dava por presentado este original ante si, et que mandava ao dito Lopo Ares que de manaa seguente que lle presentase e dese o tralado signado e conçertado do dito testamento su a (penna contheuda) enna (carta) do dito (testamento). Tests. Lopo Peres capelan de Santa Oufemea e Joan de Baeça mestre de gramatica e outros.

Ares Peres

notario

(sinal)

Materias

adega; alimentos; altar; alugueiro; aniversario; arcediago; arrendamento; auto xudicial; avogado; bacharel; bispado; bispo; branca; bufón; cabido; cama; camiño; campá; canon foral; capela; capelán; carne; carniceiro; casas; catedral; celeiro; cemiterio; cera; chanceler; chantre; chousa; cóengo; colación; comida; confrade; confraía; conto; coro; crego; criada; criado; criado; cumpridor; décimos; diñeiros; doazón; electo; escribán; escritura; esmola; esposa; esposo; estudante; fábrica; festa; filla; fillo; físico; forno; fortaleza; frade; franciscano; fundación; gramática; herdanza; horas; irmá; irmán; labrego; lagar; lámpada; leira; letrado; libra; libra; Libro de Aniversarios; linde; liturxia; mandamento; marabedí; mercador; mesa capitular; mestre; misa; muller; muralla; nai; nena; neno; notaría; notario capitular; orde dos Irmáns Menores; ornamentos; pai; pan; panos; papel; párroco; pena; poder; porta; Porta da Corredoira; porteiro; prebenda; prezo; procuración; provisor; racioneiro; regato; residencia; rexistro; río; roupa; rúa; saia; seara; sepultura; sinatura; sobriña; soldo; testamenteiro; testemuñas; tía; tío; traslado; tributos; venda; vigairo; viña; viño; viúva; viúvo; xastre; xenealoxía; xurisdición; testamento

Persoas

Afonso Ares, cóengo de Ourense; Afonso Fernández, carniceiro; Afonso Guiza, notario; Afonso Pérez, criado; Afonso Pérez, home de Roi Pérez; Afonso Pérez, xastre; Álvaro Díaz, arcediago de Abeancos; Álvaro González; Ares Pérez, notario; Bartolomeu Pérez, cóengo de Ourense; Constanza García; Dominga Eáns; Domingos Eáns, crego do coro de Ourense; Domingos Eáns, notario; dona Esteveíña; Estevo Pérez, bufón; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernando Alvelo, escribán; Fernando Calderón, bacharel e xuíz; Fernando Cao; Fernando Eáns, avogado; Fernando Moreda; Fernando Pérez, abade da Trindade de Ourense; Fernando, criado; García Fernández, xastre; García Pérez; García Rodríguez, mercador; Gómez; Gonzalo de Noalla; Gonzalo Eáns, chantre de Ourense; Gonzalo Eáns, xastre; Gonzalo Martínez; Gonzalo Oureiro, notario; Lopo Ares, cóengo de Ourense; Lopo Pérez, capelán; Lourenzo Martínez, capelán; Lourenzo Martínez, cóengo de Ourense; Lourenzo Pérez; Maior; Maior Domínguez; María de Aguiar, criada; María de Santa Cruz; María Martínez; Martiño Domínguez de Parada; Martiño Eáns do Gordón, xuíz de Ourense; Martiño Gómez; Martiño González, notario; Martiño Martínez, párroco; Miguel; Pedro Afonso, porteiro do cabido de Ourense; Pedro Díaz, bispo de Ourense; Pedro Domínguez; Pedro Domínguez da Aira; Pedro Domínguez dos Brancos, mercador; Pedro Eáns, crego do coro de Ourense; Pedro Escribán; Pedro Fernández, carniceiro; Pedro Fernández, cóengo de Ourense; Pedro Lourenzo de Fonte Arcada, notario; Pedro Oureiro, xastre; Pedro Rodríguez, párroco; Pedro Varela; Roi Charlín; Roi de San Cibrán; Sancha; Sancha Pérez; Tareixa Afonso, criada; Tareixa Cansada; Tareixa Eáns; Tareixa Martínez; Tareixa Miguez; Tareixa Pérez; Vasco Martínez, notario; Xil Rodríguez, mestrescola de Ourense; Xoán Casteleiro; Xoán de Baeza, mestre de gramática; Xoán Fernádez, xastre; Xoán Fernández, crego; Xoán García, porteiro do cabido de Ourense; Xoán González de Milmanda, xastre; Xoán González, criado; Xoán Leiteiro; Xoán Martínez, físico; Xoán, mercador; Roi Pérez, mercador

Outros

Lugo, cabido; Ourense, bispado; Ourense, diocese; San Francisco de Ourense, convento; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Abeancos, arcediagado; Allariz; Areal; Augas Santas, Santa Mariña; Barbaña; Bouza de Ramiro; Bóveda, San Paio; Canedo, San Miguel; Carballeira, A; Carballo; Castroverde; Conchousos, Os; Couto, O; Cudeiro, San Pedro; Cuña, A; Fonte Arcada; Gordón; Lugo, diocese; Milmanda. Antiga vila, actualmente Vila; Modorras; Montealegre, monte; Morteira, A,; Ourense; Outeiro; Rairo; Regueiro Foxado; Reza; San Cibrao das Viñas; Seixalbo; Seixalbo, San Breixo; Tarascón; Vao, O