carta de pagamento
Frei Fernando Pérez, gardián de San Francisco de Lugo e cumpridor do testamento de Gonzalo Pérez Toudana, escudeiro, outorga carta de pagamento ao cabido de 2250 mrs. pola compra do lugar de Belesar.
Conoçuda cousa seia a todos que frey Fernan Peres d’Ourense da orden de San Françisco, guardian do moesteiro de Lugo, conpridor do testamento de Gonçalvo Peres Toudana escudeiro que foy, outorgousse por ben pagado e que fezo reçeber de Martin Peres dito Rella morador en Ourense dous mill e dusentos e çinqoeenta mor. de portugueses doyto en soldo o mor. e estes mor. lle pagou este Martin Rella ao dito frey Fernando en nomme do cabidoo da igleia d’Ourense por razon da conpra que o dito cabidoo feso do lugar de Belsar que foy do dito Gonçalvo Peres que lles este frey Fernando vendeo para conprir o seu testamento del. Et renunçiou o dito frey Fernan Peres que nunca podesse dizer que os ditos diñeiros del non fezo reçeber e que os nom avya em seu jur e en seu poder. Esto foy en Ourense, viinte e dous dias de oytubro, era de mill e ccclxi anno. Tests. que a esto presentes foron Miguell Domingues moordomo do cabidoo, Estevoon Fernandes capelan, clerigos do coro, Domingo Martines da rua das Chousas, frey Simon da orden de San Françisco.
Et eu Domingo Fernandes publico notario d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto chamado presente foy e en myña presença o fige escrivyr e meu signal y puge en testemuyo de verdade.
(sinal)