GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

44

1275, maio, 28.
Carta de venda que fixeron ó bispo de Mondoñedo don Nuno II Pedro Sabaschánez e a súa dona Tareixa Pérez das herdades que tiñan en San Xoán de Vilarente. O bispo, pola súa vez, entregoulles 40 soldos afonsinos. María Fernández de Zaión vendeulle, así mesmo, ó devandito prelado o seu quiñón da mencionada igrexa en 20 soldos afonsinos.
A, perg. moi deteriorado, de 130 x 168 mm. Letra gótica cursiva.

Conozuda cousa seia a quantos esta carta uiren et oyren que eu Pedro Sauaschanez de Zaon / con mina moller Tereysa Perez vendemos et firmamente octorgamos a uos don Munio / pela graza de Deus bispo de Mendonnedo et a uossa uoz et a todos uosos sucessores quanta / erdade nos auemos et auer deuemos en tres uozes que nos y \aue/mos na ygressa de san Ioan/ne de Uillarente na uoz de Ziloi et na de Uigo et mina moller que a uoz na de Vigo / et renden aquestas tres uozes vna teega et sexta de zeueyra et rezebemos de uos prezo por ela quarenta soldos dalfonsiis brancos. Eu Maria Fernandes de Zayon / vendo et octorgo a uos don Munio pela graza de Deus bispo de Mendonnedo o men qui/non da ygressa de san Ioanne de Uillarente onde leuo cada un anno vna mea / taega de zeueyra de renda et rezebo de uos prezo por ella xx soldos dalfonsiis bran/cos o qual prezo a min et a uos bem [...15] somos ben pagados et se mays / ual damosuola en doaçon a qual [...15] ades et pessoyades et toda uosa uoonta/de [...8]fazades et se al [...15] extraea contra ista carta a / contradizer ueer seia maldito [...15] uoz cc soldos et a erdade dobrada / et a carta et uenzon seia estauil [...15] Era de mil ccc et xiii annos v dias ante kaendas iunias [...15] que presentes foron: Fernan / Fraaz de Moar testis Domingo de [...17] Freire de Zayon testis Joan / Martiz das Ualinas testis [...19] Angel Perez clerigo de Candea notario publico [...30] montes que a / iscriui a rogo das partes et puge y [...10]

(Reverso):
De Villarente.